Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Deseño de Sistemas Electrónicos Industriais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas As prácticas de laboratorio avaliaranse de maneira continua (sesión a sesión). Os criterios de avaliación son:
- Unha asistencia mínima ao 80% das sesións
- Puntualidade.
- Preparación previa do prácticas
- Aproveitamento da sesión

As sesións prácticas realizaranse, preferentemente, en grupos de dúas persoas. Os enunciados das prácticas estarán a disposición dos alumnos con antelación.

O alumnado encherán un conxunto de follas de resultados, que entregarán á finalización da mesma. Estas follas servirán para xustificar a asistencia e valorar o aproveitamento das mesmas.

A nota de prácticas [NP] será a media das notas obtidas en cada práctica; agás se a asistencia é inferior ao 80%, nese caso, a nota de prácticas [NP] será de 0 puntos.
30 C18
D1
Autoavaliación Consistirá na realización individual de 3 probas relativas a bloques temáticos.

As probas poderanse realizar por medios telemáticos en horas presenciais ao longo do cuadrimestre, e neste caso, a súa corrección será automática e inmediata.

As probas poderán consistir en preguntas tipo test, preguntas de resposta pechada e problemas de análises con resposta numérica.

Cada proba terá unha puntuación máxima de 10 puntos e a cualificación final [NT] desta avaliación será a media do tres probas. Para poder facer dita media é necesario obter, en cada unha das probas, unha nota mínima de 2 puntos sobre 10.
Si algunha das probas dos bloques non alcanza os 2 puntos sobre 10, a nota desta proba será a nota final [NT].
70 C1
C18
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Convocatoria ordinaria por avaliación continua

A nota que pasará á acta [NAEC] será a suma ponderada das notas de prácticas e de autoavaliación

NAEC = 0,3 * NP + 0,7 * NT

Convocatoria ordinaria por avaliación global

Será necesario presentarse a un exame teórico [NTEG], na data establecida polo centro para a convocatoria ordinaria, e un exame práctico de laboratorio [NPEG], na data a acordar dependendo da disponibilidade de laboratorios e non coincidencia con outros examenes do mesmo curso

Cada un destes examenes avaliarase sobre unha puntuación de 10 puntos. Si se realíza o exame teórico, e o estudante non se presenta ao práctico, a nota [NPEG] terá un valor de 0.

A nota que pasará á acta [NAEG] será a media de ambos os examenes. É dicir:

NAEG = ( NTEG + NPEG ) / 2

Convocatoria extraordinaria por avaliación continua

Nesta convocatoria conservarase a nota de prácticas da convocatoria ordinaria, e será necesario presentarse ás partes dos bloques de autoavaliación que non superen a nota de 5 puntos.

A nota de teoría [NTE] na convocatoria extraordinaria será a media das partes previamente aprobadas, e das partes ás que se presentou.

A nota que pasará á acta [NAEEC] será a suma ponderada das notas de prácticas e de autoavaliación.

NAEEC = 0,3 * NP + 0,7 * NTE

Convocatoria extraordinaria por avaliación global

Será necesario presentarse a un exame teórico [NTEEG], na data establecida polo centro para a convocatoria ordinaria, e un exame práctico de laboratorio [NPEEG], na data a acordar dependendo da disponibilidade de laboratorios e non coincidencia con outros examenes do mesmo curso.

Cada un destes examenes avaliarase sobre unha puntuación de 10 puntos. Si se realíza o exame teórico, e o estudante non se presenta ao práctico, a nota [NPEEG] terá un valor de 0.

A nota que pasará á acta [NAEEG] será a media de ambos os examenes. É dicir:

NAEEG = ( NTEEG + NPEEG ) / 2

Convocatoria fin de carreira

Será necesario presentarse a un exame teórico [NTFDC], na data establecida polo centro para a convocatoria ordinaria, e un exame práctico de laboratorio [NPFDC], na data a acordar dependendo da disponibilidade de laboratorios e non coincidencia con outros examenes do mesmo curso.

Cada un destes examenes avaliarase sobre unha puntuación de 10 puntos. Si realízase o exame teórico, e o estudante non se presenta ao práctico, a nota [NPFDC]terá un valor de 0.

A nota que pasará á acta [NAFDC] será a media de ambos os examenes. É dicir:

NAFDC = ( NTFDC + NPFDC ) / 2

Compromiso ético

Espérase que quen curse a materia presente un comportamento ético correcto. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, uso de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) se considerá que non cumpre cos requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación no presente curso académico será de suspenso (0.0) e notificarase á dirección do centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000