Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Ampliación de Física
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor
40 A1
A3
C7
C10
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada 50 A1
A3
C7
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Elaboración dun informe por parte dos alumnos no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos 10 A1
A3
C7
C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. Oportunidade ordinaria

1.1 Avaliación continua

- A cualificación final G0 resulta da cualificación de aula A0 (80% da cualificación final), sobre os contidos dos Bloques I e II, e da cualificación de laboratorio L0 (20% da cualificación final), sobre os contidos do Bloque III.

- A cualificación A0 componse da cualificación de aula C0 (40% da cualificación final), que se obtén mediante probas teórico-prácticas (preguntas de desenvolvemento e resolución de problemas ou exercicios) a realizar durante o curso, e da cualificación de aula F0 (40% da cualificación final), que se obtén dunha proba final teórico-práctica que se celebrará o mesmo día que o exame da oportunidade ordinaria.

- A cualificación L0 componse da cualificación L01 (10% da cualificación final), que se obtén mediante probas teórico-prácticas a realizar durante o curso (preguntas de desenvolvemento e resolución de problemas ou exercicios) sobre os contidos do Bloque III.1, e a cualificación L02 (10% da cualificación final), que se obtén dun informe de prácticas sobre os contidos do Bloque III.2. Só os alumnos que asistisen regularmente ao laboratorio poden optar a unha cualificación L0 distinta de "0.0".

- A cualificación final da avaliación continua na oportunidade ordinaria obtense como

G0 = A0 (80%) + L0 (20%) = C0 (40%) + F0 (40%) + L01 (10%) + L02 (10%)

- Para aprobar a materia é condición necesaria e suficiente obter unha cualificación final G0 igual ou superior a 5.

1.2 Avaliación global

- Aqueles estudantes que teñan concedida a renuncia á avaliación continua na oportunidade ordinaria obterán o 100% da súa cualificación final G1 dun exame correspondente á oportunidade ordinaria.

- A cualificación G1 resulta da cualificación de aula A1 (80% da cualificación final), sobre os contidos dos Bloques I e II, e da cualificación de laboratorio L1 (20% da cualificación final), sobre os contidos do Bloque III.1.

- A cualificación A1 componse das cualificacións C1 (40% da cualificación final) e F1 (40% da cualificación final), que se obteñen de probas teórico-prácticas (preguntas de desenvolvemento e resolución de problemas ou exercicios).

- A cualificación L1 (20% da cualificación final) obtense dunha proba teórico-práctica (preguntas de desenvolvemento e resolución de problemas ou exercicios).

- A cualificación final da avaliación global na oportunidade ordinaria obtense como

G1 = A1 (80%) + L1 (20%)= C1 (40%) + F1 (40%) + L1 (20%)

- Para aprobar a materia é condición necesaria e suficiente obter unha cualificación final G1 igual ou superior a 5.

2. Oportunidade extraordinaria

- Todos os alumnos, tanto se teñen coma se non teñen concedida a renuncia á avaliación continua, obterán o 100% da súa cualificación final G2 dun exame correspondente á oportunidade extraordinaria.

- A cualificación G2 resulta da cualificación de aula A2 (80% da cualificación final), sobre os contidos dos Bloques I e II, e da cualificación de laboratorio L2 (20% da cualificación final), sobre os contidos do Bloque III.1.

- A cualificación A2 componse das cualificacións C2 (40% da cualificación final) e F2 (40% da cualificación final), que se obteñen de probas teórico-prácticas (preguntas de desenvolvemento e resolución de problemas ou exercicios).

- A cualificación L2 (20% da cualificación final) obtense dunha proba teórico-práctica (preguntas de desenvolvemento e resolución de problemas ou exercicios).

- A cualificación final da avaliación continua ou da avaliación global na oportunidade extraordinaria obtense como

G2 = A2 (80%) + L2 (20%)= C2 (40%) + F2 (40%) + L2 (20%)

- Para aprobar a materia é condición necesaria e suficiente obter unha cualificación final G2 igual ou superior a 5.

3. Características comúns e interconexión entre as alternativas de avaliación

- Na avaliación continua e global correspondente ás oportunidades ordinaria e extraordinaria que se definiron nas seccións anteriores, podemos clasificar as cualificacións equivalentes entre si en tres grupos formados por tres elementos cada un: as cualificacións de aula C0, C1 e C2, as cualificacións de aula F0, F1 e F2 e as cualificacións de laboratorio L0, L1 e L2. Se C é a cualificación válida máis recente das cualificacións C0, C1 e C2, F é a cualificación válida máis recente das cualificacións F0, F1 e F2 e L é a cualificación válida máis recente das cualificacións L0, L1 e L2, a cualificación final G nas oportunidades ordinaria ou extraordinaria, sexa pola vía da avaliación continua ou da avaliación global, obtense como

G =C(40%) + F (40%) + L(20%)

Para aprobar a materia é condición necesaria e suficiente obter unha cualificación final G igual ou superior a 5 en calquera das alternativas de avaliación.

- Para obter a cualificación final G2 na oportunidade extraordinaria un estudante, con ou sen renuncia a avaliación continua, poderá optar entre:

a) realizar a parte do exame da oportunidade extraordinaria correspondente ás C2, F2 e/o L2, que se empregarán na fórmula da cualificación final da avaliación na oportunidade extraordinaria G2.

b) empregar a súa cualificación válida máis recente de cada tipo (C0 ou C1, F0 ou F1 e/o L0 ou L1) para substituír, respectivamente, ás cualificacións C2, F2 e/o L2 na fórmula da cualificación final da avaliación na oportunidade extraordinaria G2, non respondendo a parte correspondente do exame desta oportunidade.

4. Convocatoria de fin de carreira

- A convocatoria de fin de carreira segue o mesmo esquema de avaliación que a oportunidade extraordinaria.

- A avaliación na convocatoria fin de carreira é completamente independente das avaliacións na oportunidade ordinaria e na oportunidade extraordinaria (en particular, non son de aplicación as características e interconexións descritas na sección anterior).

5. Normas de avaliación complementarias

- Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia e a cualificación final na correspondente oportunidade de avaliación será "suspenso (0,0)".

- As probas de avaliación e a súa corrección serán realizadas conxuntamente polo colectivo de profesores que imparten a materia.

- As datas dos exames en cada convocatoria serán as asignadas pola Dirección da E.E.I.

6. Compromiso ético

Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de que se detectase un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, ou outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación final na correspondente oportunidade de avaliación será "suspenso (0,0)".

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000