Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  A4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  A5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Que os estudantes coñezan e comprendan os diversos aspectos do desenvolvemento sustentable e as técnicas e ferramentas dispoñibles para a súa xestión.
  B2 Que os estudantes sexan capaces de aplicar os coñecementos pertinentes a unha serie de situacións complexas relacionadas coa xestión do desenvolvemento sustentable.
  B3 Que os estudantes sexan capaces de tomar decisións sobre cuestións ambientais cunha conciencia crítica e analítica.
  B4 Que os estudantes sexan capaces de comunicar os seus coñecementos e conclusións sobre cuestións ambientais de forma clara e sen ambigüidades, tanto a públicos especializados como non especializados.
  B5 Que os estudantes sexan capaces de aprender de forma autónoma os avances que se producen no ámbito do desenvolvemento sustentable.
Sinale C Código Habilidades
  C1 Diagnosticar e avaliar os efectos da actividade humana e económica sobre o medio natural.
  C2 Coñecer os principais métodos e técnicas dispoñibles para o tratamento dos residuos, as augas residuais, a contaminación atmosférica e calquera outro tipo de contaminación, así como as principais tecnoloxías de prevención da contaminación e de recuperación de medios contaminados.
  C3 Estar capacitado para xestionar calquera tipo de emisión, vertedura ou residuo, sexa cal for a súa orixe, aplicando as distintas tecnoloxías e tratamentos dispoñibles, así como para a súa administración desde o marco legal aplicable.
  C4 Ser capaz de identificar, comprender e saber aplicar a normativa ambiental de ámbito internacional, nacional, autonómica e local aplicable en cada caso.
  C5 Anticipar riscos ambientais derivados da normativa ambiental e incorporalos na estratexia da organización.
  C6 Entender el problema ambiental como un fallo de mercado y los posibles fallos del Estado en su solución.
  C7 Comprender los principales conceptos de economía ambiental y los instrumentos de política ambiental, sus aplicaciones en la práctica y sus efectos
  C8 Coñecer e saber aplicar os fundamentos da Avaliación de Impacto Ambiental e os conceptos xerais que rexen a materia, así como as principais metodoloxías e ferramentas que poden utilizarse para a consecución dos obxectivos que se expoñen.
  C9 Ser capaz de desenvolver a Avaliación de Impacto Ambiental en todos aqueles contextos nos que se requira, elaborando os diferentes documentos parciais que conforman o Estudo de Impacto Ambiental.
  C10 Desenvolver habilidades para aplicar os procedementos legais mediante os que se tenta previr ou corrixir os efectos ambientais de determinados plans e programas, introducindo os criterios ambientais nas fases de toma de decisións anteriores ás de proxecto.
  C11 Integrar as cuestións ambientais na estratexia e na xestión da organización co obxectivo de obter unha vantaxe competitiva.
  C12 Coñecer e saber aplicar as diferentes ferramentas de xestión ambiental dispoñibles para as organizacións.
  C13 Ser capaz de deseñar e implantar un Sistema de Xestión Ambiental conforme ás normas vixentes que poida ser integrado integrado no sistema xeral de xestión da organización.
  C14 Comprender o concepto de responsabilidade social corporativa, ser capaz de elaborar unha memoria de sustentabilidade conforme ás normas establecidas e utilizala como medio de comunicación cos grupos de interese da organización.
  C15 Entender a problemática económica, tecnolóxica e normativa das enerxías renovables e as súas posibilidades de utilización en diversos contextos.
  C16 Capacidade para xestionar a enerxía e aplicar un enfoque de eficiencia enerxética.
Sinale D Código Competencias
  D1 Capacidade de análise e síntese.
  D2 Comunicación oral e escrita.
  D3 Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar.
  D4 Adaptación a novas situacións.
  D5 Iniciativa e espírito emprendedor.
  D6 Capacidade para aplicar os coñecementos teóricos na práctica.
  D7 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
  D8 Capacidade de entender a linguaxe e propostas doutros especialistas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000