Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Administración Integrada de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa
 Materias
  Sistemas Normalizados de Xestión: Calidade, Medioambiente, Seguridade e Saúde no Traballo
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Sistemas Normalizados de Xestión: Calidade, Medioambiente, Seguridade e Saúde no Traballo Código V03M134V01207
Titulación
Máster Universitario en Administración Integrada de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
5 OB 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Fernández González, Arturo José
Correo-e ajfdez@uvigo.es
Profesorado
Fernández González, Arturo José
Web
Descrición xeral Esta materia adícase aos sistemas de xestión empresarial, con especial atención á xestión da calidade, o medio ambiente e a seguridade e saúde no traballo, e os modelos existentes, en xeral internacionais, para os mesmos (normas ISO 9000 e 14000, Regulamento EMAS, ISO 45001, etc.). En primeiro lugar, expóñense os conceptos de normalización, certificación e acreditación. A continuación, estúdanse os fundamentos dos diferentes sistemas de xestión con relación ás súas correspondentes normas internacionais, prestando atención ás súas connotacións coa Responsabilidade Social Empresarial e a mellora da competitividade da empresa. Finalmente, proporciónanse claves para a súa correcta implantación e mantemento no tempo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000