Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Técnicas cuantitativas para a análise económica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Un traballo de aplicación dos conceptos teóricos a algún problema económico 40 B6
B7
C8
C10
C12
C13
D2
D5
Prácticas con apoio das TIC A valoración nestas sesións pode consistir na resolución e entrega de casos prácticos, exposición de resultados da análise, etc... 40 B6
B7
C8
C10
C12
C13
D2
D5
Exame de preguntas obxectivas Cuestión relativas ao traballo realizado no curso 20 C8
C10
C12
C13
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG antes do segundo mes do curso. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

  • AC. En caso de non renunciar á avaliación continua:

             a. traballo tutelado 40%, prácticas 40%, examen 20%
             b. as practicas son obrigatorias

  • AG en primeira oportunidade (convocatoria de febreiro I cuadrimestre). O alumnado será avaliado mediante un exame que valdra o 100% da nota.
  • AG na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo) e na convocatoria de Fin de Carreira, o alumnado será avaliado mediante un exame que valdrá o 100% da nota.

Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como "non presentados".

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa )

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

O alumnado poderá resolver dúbidas en titorías personalizadas que terán lugar no despacho 442 ou a sala 892 do campus remoto. A hora das titorías acordaranse previamente co Profesor Fernández Jardón (cjardon@uvigo.es).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000