Guia docente 2022_23
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Tributación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas con apoio das TIC A entrega (previa á sesión práctica presencial) das propostas de solución dos casos avaliaráse conxuntamente coas probas tipo tests: será necesario que o/a alumno/a teña entregado alomenos 6 casos para obter puntuación nas probas test. 0 CE8
CE9
CE12
CT2
CT5
CT7
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliarase e puntuarase a resolución dos test propostos despois de cada tema. Este apartado puntuarase sobre un máximo global de 3 puntos.
Será requisito necesario para obter puntuación neste apartado que o/a alumno/a entregue alomenos 6 propostas de solución dos estudos de caso que configuran as prácticas con apoio das TIC
30 CE8
CE9
CE12
CT2
CT5
CT7
Exame de preguntas de desenvolvemento Ó remate das partes II e III do programa da materia, en dúas sesións presenciais, proporáse un caso que o/a alumno/a deberá
resolver de xeito individual e que permitirá avaliar o seu nivel de coñecementos e capacidade de argumentación e xustificación das decisións adoptadas.
A proba relativa ó IRPF puntuaráse cun máximo de 4 puntos e a relativa ó IS cun máximo de 3 puntos.
70 CE3
CE7
CE8
CT5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nesta asignatura realizase unha avaliación continua do traballo realizado polo estudante. Para superar a asignatura por esta vía é necesario obter alomenos o 50% dos puntos en xogo en cada unha das probas de avaliación continua propostas (probas tipo test, proba IRPF e proba IS).

Si un estudante non participa na resolución dos estudos de casos prácticos, non fai os test ou non se presenta a calquera das probas (proba IRPF ou proba IS) deixará de ser avaliado en avaliación continua. Tambien deixará de ser avaliado neste formato si non acada alomenos un 25% da nota en xogo en cada unha das probas (probas tipo test, proba IRPF e proba IS).

O alumnado ten de prazo para renunciar ao sistema de avaliación continua ata a data que se fixe para a proba de IRPF.

Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado cun examen final que suporá o 100% da calificación, tanto para a primeira como para a segunda convocatoria.

En caso de non presentarse, e teren feitas tarefas en avaliación continua sen renunciar a mesma, a nota final será a obtida nesas tarefas de avaliación continua.

Na convocatoria Fin de Carreira, o exame suporá o 100% da nota.

A data dos exames pode consultarse en  http://fccee.uvigo.es/

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000