Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Tributación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesión inicial na que o docente presentará o contido e obxectivos da materia así como a metodoloxía de traballo e os sistemas de control e avaliación.
Lección maxistral En cada sesión, o docente presentará as cuestións máis relevantes de cada tema. Formulará a metodoloxia a seguir para interpretar as consecuencias e os efectos económicos da norma tributaria e resaltará a súa aplicación práctica
Prácticas con apoio das TIC Realizaránse sesións prácticas que terán lugar en aula informática empregando a metodoloxía de "estudo de caso":
Así, para cada sesión proporánse casos a estudar individualmente (ou en grupos reducidos).
Cada alumno/a deberá resolver e defender os casos plantexados.
Os estudantes disporán previamente dos enunciados dos casos a través da plataforma docente e deberán elaborar unha primeira proposta de solución xustificada que deberá ser entregada a través da plataforma docente antes do desenvolvemento da sesión presencial.
As sesións prácticas presenciais en aula de informática consistirán na resolución do caso proposto empregando as aplicacións informaticas e programas de axuda que facilita a Axencia Tributaria.
Resolución de problemas de forma autónoma Cada semán, despois da sesión magistral, abrirase un prazo para respostar a un formulario práctico dixital (de resposta curta ou test) na plataforma docente. Trátanse de actividades no presenciais que posibilitan o seguimento e avaliación do/a alumno/a e o seu proceso de aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000