Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Benestar, equidade e xénero
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Primeiro exame parcial 30 C6
C9
Exame de preguntas obxectivas Segundo exame parcial 40 C6
C9
Traballo Elaboración dun informe empregando fontes de datos estatísticos dispoñibles, con programas informáticos específicos (Excel, DAD), no que se apliquen os coñecementos adquiridos. Presentación en clase das principais conclusións do informe. 30 C6
C8
C9
C13
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O estudante poderá elixir entre o sistema de avaliación continua e o de
avaliación global de acordo cos procedementos e prazos que estableza o centro.

O sistema de avaliación continua
consistirá na realización de dous exames parciais, así como dun informe final. Para superar a materia, será
preciso acadar polo menos un 40% da nota en cada unha das tres probas e o 50% no
total.

O sistema de avaliación global
determinarase exclusivamente polo resultado do exame final oficial. En
convocatorias extraordinarias, unicamente será posible a avaliación global. As datas de exames oficiais se recollen na
páxina web da facultade (http://fccee.uvigo.es)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000