Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Econometría I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Propoñeranse exercicios con diversas bases de datos. No curso utilizarase o paquete econométrico GRETL. O alumnado que siga a avaliación continua debe asistir ao todas as sesións prácticas (excepto por causas xustificadas). Nalgunhas sesións, deberá entregar o traballo realizado. 30 C1
C10
D1
D5
D7
Exame de preguntas obxectivas As cuestións requirirán interpretación de saídas de programas de computador, ademais de temas teóricos. 35 C1
C10
D1
D5
D7
Exame de preguntas obxectivas As cuestións requirirán interpretación de saídas de programas de computador, ademais de temas teóricos. 35 C1
C10
D1
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada curso académico, o estudantado ten dereito a dúas convocatorias: 1) Convocatoria ordinaria, no semestre de ensino; 2) Convocatoria extraordinaria, en xuño / xullo.


En cada convocatoria, o/a estudante poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

Avaliación continua (AC):

  • A asistencia ás sesións prácticas é obrigatoria (excepto por causas xustificadas).
  • Primeira oportunidade (convocatoria ordinaria): A cualificación final será a suma ponderada
    das notas correspondentes ao traballo nas prácticas (30%) e dous exames
    parciais (35% cada un). Se o/a estudante non consegue unha
    nota de 5 puntos ou superior, poderá
    renunciar á cualificación dos parciais e presentarse a proba
    final na data oficial da proba de AG (primeira convocatoria). Nese caso, a nota será igual á
    suma ponderada da nota das prácticas (30%) e a proba final (70%).
  • Segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria xuño/xullo): A cualificación final será a suma ponderada da nota das prácticas (30%) e a proba final (70%) que se realizará na data oficial da proba de AG (segunda convocatoria).  

Avaliación global (AG, en caso de renunciar á avaliación continua):

  • Primeira oportunidade (convocatoria de xaneiro): o 100% da nota total obtense a través dunha proba final global.
  • Segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo): o 100% da nota total obtense a través dunha proba final global.

Na convocatoria Fin de Carreira, o 100% da nota total obtense a través dunha proba final global.


As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) e da convocatoria de Fin de Carreira son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.


Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado.



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000