Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Dirección de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Estudo, debate e participación na resolución de supostos, reais ou ficticios, de formulacións estratéxicas por parte de empresas e outras institucións. Realización e presentación de traballos propostos por o profesor. 40 B2
B4
C7
C8
C9
C12
D2
D5
D7
Exame de preguntas de desenvolvemento Duas probas individuais escritas de avaliación sobre os contidos teóricos
e prácticos da materia, cada unha supón un 30%
60 B4
C7
C12
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de
avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de
Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. 

 A elección
de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades
de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das
probas que xa se realizaran.

1. Avaliación Continua
AC. En caso de NON renunciar á avaliación continua:

a. A avaliación
continua é presencial
. Constará das seguintes partes:

• O 40% da nota será da parte
práctica (o 75% desta nota serán os exercicios nas sesións prácticas e 25%
restante un traballo en equipo). Para superar esta parte será necesario ter
realizadas e entregadas todalas prácticas así como o traballo en equipo, na
forma e prazos establecidos (as prácticas/traballo non entregadas puntuaránse cun cero). En caso de non superarse farase un exame práctico na convocatoria oficial.

• O 60% restante será a nota de
teoría. Realizaranse dúas probas de avaliación continua (que supón cada unha o
30% da nota final), unha a metade de cuadrimestre e outra ao final, esta última
só se é posible por datas. Se non é así, realizarase na data da convocatoria
oficial establecida no calendario de exames, de forma que os/as estudantes que
superen a primeira proba só terán que examinarse na convocatoria oficial da
parte restante, os que non a superaron examinaranse de toda a materia no exame
da convocatoria oficial.

b. A nota de teoría será a media das dúas probas realizadas,
sempre que se obtivese unha nota mínima de 4 (sobre 10) en cada proba, en caso
contrario a nota será suspenso e as partes aprobadas gardaranse ata a
convocatoria extraordinaria.

A nota final da materia é a resultante da media ponderada da
nota práctica e da teórica (requírese unha nota mínima de 4,5 sobre 10 en cada
parte). Quen non se presente ao exame teórico ou non alcance a nota mínima de
4,5 na devandita parte figurará coa nota de suspenso.

c. Para ser avaliado por AC requírese a asistencia activa ao 75% das clases
prácticas (9 sesións).

d. Considerarase que o alumnado presentouse á
avaliación continua cando se presentou a algunha de próbalas/actividades de
avaliación desta modalidade. Se considerará que o alumnado renuncia a avaliación continua cando falte a mais de 3 sesións prácticas ou se o solicita por correo á profesora

e. As probas e partes prácticas aprobadas gardaranse ata a
segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria).

 

2. Avaliación Global:
alumnos que renuncian a EC
, tanto
en primeira como segunda oportunidade

a.O 60% da nota será a nota da parte teórica, dividida en dúas
probas, (polo tanto, cada unha é un 30% da nota final), necesítase un mínimo de
4 (sobre10) en cada parte para facer media, se non se alcanza a nota de teoría será de suspenso. O 40% restante da nota será a puntuación da parte práctica da proba global. As probas de EG non teñen por que ser igualis as de EC.

b. É necesario ter polo menos un 4,5 en cada parte (teoría e
práctica) para calcular a media ponderada e superar a materia.

 

Fin de Carrera, o
100% da nota será un exame (60% teoría e 40% práctica). Para calcular a media ponderada será preciso
ter polo menos un 4,5 en cada unha das partes.

Os estudantes que non participen na EC nin na EG, figurarán
nas actas como “non presentados”.

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de
medios ilícitos), do Regulamento sobre a
Avaliación, a cualificación e a calidade dá docencia e do proceso de
aprendizaxe do estudantado

(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa
)

 As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda
oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación
aprobado pola Xunta de Facultade. En caso de conflito ou
disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da
facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000