Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Microeconomía I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral A metodoloxía docente consistirá no desenvolvemento de varios tipos de clases (teóricas e prácticas) e no traballo persoal do alumno para consolidar os coñecementos e adquirir soltura na resolución dos problemas expostos.

Nas clases teóricas exporanse de forma reducida os principais contidos dos distintos temas, desenvolvéndose con máis detalle os puntos de maior complexidade. Para un adecuado seguimento e comprensión das clases é conveniente que os alumnos lean con antelación a bibliografía básica recomendada para cada un dos temas.
Resolución de problemas As clases prácticas consistirán na resolución de follas de exercicios que se proporcionarán aos alumnos con antelación para que os resolvan antes da clase. Dese modo, poderán identificar aquelas cuestións que lles resultan máis dificultosas e poderán resolver as súas dúbidas en clase.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000