Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Microeconomía I
   Contidos
Tema Subtema
PARTE I. INTRODUCCION. 1. INTRODUCIÓN.
Microeconomía: Concepto e contido. Optimalidad e concepto de equilibrio. Oferta e demanda. Estática comparativa. Concepto de eficiencia.
Bibliografía: Varian, capítulo 1.
PARTE II. A TEORIA DO CONSUMIDOR. 2. A RESTRICIÓN ORZAMENTARIA.
Propiedades do conxunto orzamentario. Efectos de variacións de prezos e renda sobre a recta orzamentaria. Efectos de impostos, subvencións e racionamento.
Bibliografía: Varian, capítulo 2.

3.- PREFERENCIAS. Supostos básicos. Curvas de indiferenza. Convexidade das preferencias. Relación Marxinal de substitución.
Bibliografía: Varian, capítulo 3.

4. UTILIDADE.
Utilidade ordinal e utilidade cardinal. Utilidade marxinal. Relación entre a utilidade marxinal e a relación marxinal de substitución.
Bibliografía: Varian, capítulo 4.

5. ELECCIÓN ÓPTIMA DO CONSUMIDOR.
Elección óptima. A función de demanda individual. Solucións de esquina. Efectos dun imposto sobre a cantidade versus imposto sobre a renda.
Bibliografía: Varian, capítulo 5.

6. ESTÁTICA COMPARATIVA EN DEMANDA.
Variacións da renda: Bens normais e inferiores. Curvas de oferta-renda e curvas de Engel. Variacións nos prezos: Bens ordinarios e bens Giffen. Curvas de oferta-prezo e curvas de demanda. Bens sustitutivos e complementarios. Función inversa de demanda.
Bibliografía: Varian, capítulo 6.

7. A ECUACIÓN DE SLUTSKY.
Efecto substitución. Efecto renda. Lei de demanda e a ecuación de Slutsky. Curvas de demanda compensadas.
Bibliografía: Varian, capítulo 8.

8. EXCEDENTE DO CONSUMIDOR.
Variación compensatoria e variación equivalente. Excedente do consumidor.
Bibliografía: Varian, capítulo 14.

9. ELECCIÓN CON DOTACIÓNS INICIAIS. A OFERTA DE TRABALLO.
Demandas brutas e netas. Restrición orzamentaria con dotacións iniciais. A restrición orzamentaria consumo-lecer. Elección óptima: demanda de lecer, oferta de traballo. Estática comparativa.
Bibliografía: Varian, capítulo 9.

10. ELECCIÓN INTERTEMPORAL: O MODELO CONSUMO-AFORRO.
A restrición orzamentaria: tipos de desconto, valor actual e valor futuro. A elección intertemporal. Estática comparativa. Efectos da inflación.
Bibliografía: Varian, capítulo 10.

11. A DEMANDA DE MERCADO.
Da demanda individual á demanda de mercado. A elasticidade.
Bibliografía: Varian, capítulo 15.


PARTE III. TEORIA DA PRODUCCION. 12. A TECNOLOXÍA.
Factores e produtos. Conxunto de produción e función de produción. Produtividade marxinal e produtividade media. Isocuantas e relación técnica de substitución. Os rendementos a escala.
Bibliografía: Varian, capítulo 19. Pindyck e Rubinfeld, capítulo 6. Estrin e Laidler, capítulo 11.

13. MAXIMIZACIÓN DE BENEFICIOS.
Maximización de beneficios a curto prazo e a longo prazo. As funcións de demanda de factores. Maximización de beneficios e rendementos a escala.
Bibliografía: Varian, capítulo 20.

14. CUSTOS DE PRODUCIÓN.
Minimización de custos: funcións de custos a curto e longo prazo. Rendementos de escala e funcións de custos. Relación entre os custos a curto e longo prazo. Curvas de custos.
Bibliografía: Varian, capítulos 21 e 22. Pindyck e Rubinfeld, capítulo 7. Estrin e Laidler, capítulo 12.

15. A DECISIÓN DE PRODUCIÓN: A OFERTA DA EMPRESA COMPETITIVA.
A demanda de mercado para unha empresa competitiva. Maximización do beneficio e oferta da empresa. Beneficios e excedente do produtor. A curva de oferta a longo prazo da empresa. A oferta da industria.
Bibliografía: Varian, capítulo 23. Pindyck e Rubinfeld, capítulo 8. Estrin e Laidler, capítulo 13.

16. A OFERTA DA INDUSTRIA EN COMPETENCIA PERFECTA.
A oferta da industria a curto prazo e a longo prazo. O equilibrio competitivo a curto e longo prazo. Efectos sobre o equilibrio de diferenzas de eficiencia entre as empresas e efectos de variacións nos prezos dos factores.
Bibliografía: Varian, capítulo 24. Pindyck e Rubinfeld, capítulo 8. Estrin e Laidler, capítulo 14.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000