Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Historia: Historia económica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Os seminarios destinados ao "tema específico" indicado ao principio de curso teñen un carácter eminentemente práctico.
Abarcan procura de materiais, lecturas de artigos, capítulos de libros, preparación dunha síntese e dun powerpoint para as presentacións en clase, respostas ás preguntas dos restantes compañeiros/as e do profesor unha vez feitas as exposicións
60 A3
A4
B1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
D1
D2
D4
D5
D7
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase un exame final da materia, con varias preguntas de desenvolvemento (a metade procedentes da parte das prácticas; a outra metade da parte da teoría). As preguntas da parte teóricas tratarán os contidos das clases maxistrais O exame terá unha duración máxima de dúas horas 40 A3
A4
C2
C3
C4
C7
C8
C9
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os sistemas de
avaliación nesta materia son de dous tipos ou modalidades: avaliación continua
(AC) e avaliación global (AG).

O estudantado ten
dereito a elixir o tipo de sistema co que será avaliado, avaliación continua
(AC) ou avaliación global (AG).

A avaliación continua (AC) é o sistema de avaliación por defecto. A nota final obtida co sistema de avaliación continua
procede das probas de avaliación realizadas ao longo do cuadrimestre (cunha
ponderación do 60% sobre o total) e da nota obtida nunha última proba (cunha
ponderación do 40% do total).

O alumnado que opte
pola modalidade de avaliación global ten que elixila explicitamente. A elección
desta modalidade de avaliación global correspóndelle a cada estudante, que deberá
realizala segundo o procedemento e o prazo establecido por este centro.

Os e as alumnas
que opten por solicitar o sistema de avaliación global teñen o dereito para ser
avaliados das clases prácticas, aínda que non asistan ás mesmas. Teñen que presentar
ao finalizar o curso o Libro de Prácticas, do mesmo xeito que os alumnos e
alumnas de avaliación continua, e realizar a proba de avaliación global. Esta
proba incluirá cuestións da parte práctica desta materia e preguntas sobre os
contidos teóricos. A avaliación global da parte práctica e teórica da materia
significa o 100% da nota (30% Libro de prácticas; 30% da parte de prácticas da proba de avaliación global; 40% da parte de teoría da proba de avaliación global).

No caso do
estudantado que non supere a materia na convocatoria ordinaria, ten dereito a
unha avaliación extraordinaria (convocatoria extraordinaria de xullo). Os criterios nesta avaliación extraordinaria serán
similares aos da convocatoria ordinaria.

Na convocatoria
de Fin de Carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.

Datas e horarios
das probas de avaliación global final, atópanse na páxina web da Facultade
(docencia), así como na plataforma en MOOVI correspondente a esta materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000