Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Historia: Historia económica
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Seminario Na plataforma de MOOVI ábrese un Foro de preguntas sobre o curso que serve de canle para a relación entre alumnos e profesor, e entre o alumnado, para canalizar dúbidas, respostas e suxestións
Lección maxistral A aprendizaxe xorde da recepción de información (dimensión receptiva) e do tratamento intelixente desa información (dimensión activa), desde a súa procura, até a súa provisión e procesamento. Non hai aprendizaxe sen o traballo activo dos propios alumnos. O profesor fomentarao, instando á participación do alumnado tanto nas clases teóricas como nas prácticas, que esixirán unha actividade continuada ao longo de todo o curso, e a resolución das preguntas ou dúbidas que vaian xurdindo, a título individual ou colectivo. Neste proceso de aprendizaxe, nas clases teóricas e prácticas, haberá unha atención oportuna ás dúbidas ou as dificultades que poidan xurdir, directamente nas clases, nas titorías ou a través da plataforma docente desta materia en MOOVI.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000