Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Historia: Historia económica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Esta lección consiste na exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, con apoio en recursos informáticos.

Aínda que estas clases teñen un carácter expositivo, non exclúen en absoluto a intervención dos alumnos. Como se verá, fomentarase nas mesmas as preguntas e algúns debates sobre as cuestións tratadas.

Dúas horas semanais, en dous días (sesións dunha hora).

Seminario Realizaranse, cunha duración por sesión 2:30 horas, 8 seminarios.

Os seminarios están expostos cun carácter práctico: aprendizaxe activa a través do acceso á información -escrita ou visual-, a lectura, a escritura e o debate en clase.

Abarcan lecturas de artigos, capítulos de libros, visionado dalgún documental ou película, preparación de sínteses e, no seu caso, dalgún powerpoint para as presentacións en clase, respostas a cuestionarios e realización de exercicios de interpretación de estatísticas económicas (series históricas, cadros, etc.).

O contido de cada seminario práctico preséntase sempre na plataforma docente, con antelación. Nesta presentación defínense os seus obxectivos, as cuestións concretas a abordar, os materiais cos que traballar ou que han de ser buscados polos alumnos e alumnas.

Tamén serán presentados en clases, polo profesor, cunha ou dúas semanas de antelación.

Plataforma docente e Libro de Prácticas: As prácticas dos seminarios sóbense, resoltas, á plataforma docente o día antes de ser vistas en clase. Tras velas e discutilas en clase, faranse polos alumnos as correccións que estimen oportunas. E así corrixidas sóbense ao Libro de Prácticas, seguindo a orde en que son vistas en clase.

Este Libro de Prácticas, que inclúe un breve diario da docencia, é obxecto de avaliación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000