Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Economía: Principios de economía I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba realizada ao longo do cuadrimestre 35 C2
C5
C6
C10
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba realizada ao longo do cuadrimestre 30 C2
C5
C6
C10
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba realizada ao longo do cuadrimestre 35 C2
C5
C6
C10
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

Sistema de avaliación continua (AC): Realizaranse ao longo do curso 3 probas escritas, cunha ponderación do 35%, 30% e 35% respectivamente. Será necesario obter unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 en cada unha das probas escritas e unha cualificación ponderada de 5 puntos para para poder superar a avaliación continua.

Sistema de avaliación global (AG) en primeira oportunidade (convocatoria de xaneiro I cuadrimestre). O alumnado será avaliado mediante unha proba escrita que supón o 100% da cualificación.

Sistema de avaliación global (AG) en segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo) e na convocatoria de Fin de Carreira, o alumnado será avaliado mediante unha proba escrita que supón o 100% da cualificación.  

As datas do exame de avaliación global (primeira e segunda oportunidade) e da convocatoria de Fin de Carrera serán a especificadas no calendario oficial de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso e publicadas na páxina web do centro.

Os horarios de titorías serán publicados no MooVi da materia. O estudantado concertará unha titoría presencial co profesorado a través do envío dun email
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000