Educational guide 2025_26
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Ciencia política: Ciencia política
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Uso Responsable da Intelixencia Artificial (IA) O uso de ferramentas de IA está permitido nesta materia sempre que se realice de forma ética, responsable e transparente. Para iso, o alumnado deberá: - Utilizar a IA como apoio para a aprendizaxe, non como substituto do pensamento crítico nin do traballo persoal. - Revisar criticamente todas as actividades antes da súa realización ou entrega xa que o responsable último da tarefa ou actividade é, en todo caso, o estudante. - Citar adecuadamente calquera contido xerado con IA, incluíndo prompts utilizados e respostas obtidas, seguindo o modelo de citación APA (7ª edición). - Evitar o uso de IA para realizar tarefas que deban reflectir competencias persoais (exames, reflexións individuais ou traballos prácticos avaliativos, etc.), salvo indicación expresa do profesorado. - Lembrar que a utilización indebida da IA poderá ser considerada unha forma de fraude académica ou conduta académica deshonesta, e será tratada consonte á normativa vixente na UVigo en materia disciplinaria. A seguir, inclúese un exemplo de citación de prompts e respostas en formato APA (7.ª edición). Para citar contido xerado por IA, recoméndase o seguinte criterio: Na lista de referencias: OpenAI. (2025). Resposta xerada por IA a partir do prompt: “Explica a teoría da aprendizaxe significativa de Ausubel” [IA xenerativa]. ChatGPT. https://chat.openai.com/ No texto: (OpenAI, 2025). Tamén se pode incluír o prompt nun apéndice ou nota ao pé se é relevante para a comprensión do traballo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000