Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dereito penal de empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios O sistema de avaliación ao que pode optar o alumnado é de dous tipos:
avaliación continua ou avaliación global.

O alumnado terá dereito a elixir o sistema polo que será avaliado. A avaliación continua ten carácter preferente, polo que é o que se aplica en principio a todo o alumnado, salvo que, por escrito e seguindo o procedemento e prazo establecidos polo centro, se comunique a elección da modalidade de avaliación global.

A asistencia ás clases prácticas é un factor esencial que se valora no proceso de avaliación continua. É preciso ter asistido ao 75% das clases prácticas para poder acceder ao sistema de avaliación continua. No caso de que por calquera motivo o alumnado non poida asistir ao 75%, non poderá participar no sistema de avaliación continua, debendo realizar un único exame final.

A proba de resolución de problemas e/ou exercicios consistirá nun exame escrito no que o alumnado debe resolver un ou varios casos prácticos.

A data, horario e lugar de realización desta proba serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso académico e documentación concordante.

Na avaliación continua esta constitúe a terceira proba, sumándose ás dúas probas tipo test que se explican no seguinte apartado, e supón o 40% da cualificación final da materia.
40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B4
B5
B10
B14
C5
C7
C15
Exame de preguntas obxectivas Dúas probas tipo test: o sistema de avaliación continua consistirá en dúas probas parciais tipo test ao longo do curso e nunha proba final, consistente na resolución dun ou varios casos prácticos, exposta anteriormente.

A dúas probas tipo test consistirán en sendos exames de 25 preguntas, con catro posibles respostas, das cales só unha é correcta. Para a súa cualificación, as respostas incorrectas restan a metade do que suman as correctas, non puntuándose as deixadas en branco.

O lugar, data e contido das probas tipo test indicarase pola coordinadora da materia na primeira semana do curso.

A cualificación de cada un destes exames supón o 30% da cualificación final da materia. Polo tanto, ambas en conxunto, el 60%.
60 B1
B2
B5
B10
C15
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A 1.ª OPORTUNIDADEDE EXAME. 


a) SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA. 
Descríbese nos apartados anteriores. 

b) SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL. 
Un único exame, que incluirá a totalidade do temario econstitúe o 100% da cualificación da materia. Constará de dúas partes, unhateórica e outra práctica. A parte teórica consistirá nunha proba tipo test, de50 preguntas, con catro posibles respostas, das cales só unha é correcta. Paraa súa cualificación, as respostas incorrectas restan a metade do que suman ascorrectas, non puntuándose as deixadas en branco. Esta parte representa o 60%da cualificación final. A parte práctica consistirá en resolver un ou varioscasos prácticos. Esta parte representa o 40% da cualificación final. Acualificación final do exame será a suma das cualificaciones obtenidas en cadaunha das partes. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntosna suma da cualificación de ámbalas dúas partes. As datas, horarios e lugar derealización destas probas serán os sinalados no calendario de probas deavaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso académico edocumentación concordante. 

2. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A 2.ª OPORTUNIDADEE FIN DE CARREIRA.

Un único exame, queincluirá a totalidade do temario e constitúe o 100% da cualificación da materia.Constará de dúas partes, unha teórica e outra práctica. A parte teóricaconsistirá nunha proba tipo test, de 50 preguntas, con catro posibles respostas,das cales só unha é correcta. Para a súa cualificación, as respostasincorrectas restan a metade do que suman as correctas, non puntuándose asdeixadas en branco. Esta parte representa o 60% da cualificación final. A partepráctica consistirá en resolver un ou varios casos prácticos. Esta parterepresenta o 40% da cualificación final. A cualificación final do exame será asuma das cualificaciones obtenidas en cada unha das partes. Para superar amateria é necesario obter un mínimo de 5 puntos na suma da cualificación deámbalas dúas partes. As datas, horarios e lugar de realización destas probasserán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta deFacultade para o curso académico e documentación concordante.


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000