A materia suliña os retos inducidos pola economía do coñecemento, destaca o porqué da necesidade de innovar nese contexto, e profundiza nas ferramentas que se poden usar para sistematizar a I+D+i.
Se ben o obxecto de estudo prioritario será o da empresa, ao longo do curso evidenciarase que a xestión do coñecemento e da innovación posúe un extenso ámbito de aplicación alén do mundo dos negocios. Os fundamentos da materia cumprirán tamén deste xeito un rol importante na dinamización do cambio en calquera tipo de organización; dende unha ONG para o desenvolvemento, un sindicato, ou unha asociación ecoloxista, por exemplo, ata a propia administración pública.
__________________
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.