Resolución de problemas |
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados co algunha parte da materia. O alumno/a debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. |
45 |
|
CG1 CG5
|
CE6 CE8 CE16
|
|
As diferenzas entre os sistemas e metodoloxías de avaliación entre os distintos centros que imparten o Grao en Administración e Dirección de Empresas da Universidade de Vigo, xustifícanse pola necesaria adaptación na medición da consecución dos mesmos resultados de aprendizaxe e da adquisición de iguais competencias aos diferentes organizacións docentes de cada Centro, especialmente no que se refire ao tipo de grupos, e ao número medio de alumnos por grupo. O alumno que queira ser avaliado mediante avaliación continua deberá realizar varias probas durante o curso; a última delas terá lugar o mesmo día do exame final. Como alternativa ao sistema de avaliación continua, o alumnado poderá optar por ser avaliado cun exame final que suporá o 100% da cualificación. Na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán as aprobadas pola Xunta de Centro para o curso 2022-2023 e poden ser consultadas na páxina Web da Facultade (http://fccee.uvigo.es) |