Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección comercial I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Resolución de casos prácticos, exercicios de comprensión dos temas, traballos e exposicións relacionadas cos temas da materia (ningunha das probas superará por si mesma o 40% da cualificación). 60 B1
B5
B9
B13
C6
C14
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita que consistirá en responder a preguntas tipo test ou doutro tipo sobre aspectos concretos do contido da materia. 40 B1
C6
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación
continua ou por unha proba de avaliación global.

Para poder superar a materia por avaliación continua, hai que obter
unha nota mínima de 1 punto sobre 4 no exame.

Para que se evalúen as prácticas é obrigatorio asistir á sesión correspondente
á súa exposición e participar no debate de resolución. 

A puntuación obtida en avaliación continua pola participación, así como a
realización e entrega de todas aquelas tarefas establecidas polo profesor
(casos, exercicios e exposicións), mantense na convocatorias ordinaria e
extraordinaria do curso académico en vigor, pero NON se gardará para cursos
sucesivos.

Se considerará que os alumnos que asistan a un 20% das prácticas están
realizando avaliación continua, salvo que de forma expresa indiquen que se
acollen a avaliación global. O prazo para renunciar á avaliación continua será
até 15 días antes da data do exame.

As datas de exámes deberán ser consultadas na páxina web da Facultade
"http://fccee.uvigo.es". 

Os alumnos que non sigan a avaliación continua teñen a opción de avaliación
global, na que serán examinados mediante unha proba escrita valorada sobre 10
puntos que non coincidirá coa de avaliación continua. 

As datas e horas das probas de avaliación global (de primeira e segunda
oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación
aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou
disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da
facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html

Na convocatoria de Fin de carreira  os alumnos serán avaliados
mediante unha proba escrita valorada en 10 puntos.

Os estudantes que non participen nin na avaliación continua nin na Global,
figurarán nas actas como "non presentados".

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (*Do uso de medios
ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da
docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado:
(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d2
4eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa )

A información sobre as titorías pódese consultar en Moovi.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000