Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Contidos
Tema Subtema
A materia Trabajo Fin de Grao organizase sobre a base de tres actividades que o alumno deberá realizar axeitadamente:

1. Realización dun traballo orixinal relacionado con algún ámbito da bioloxía e a súa aplicación profesional.

Os traballos realizaranse sempre baixo a titorización dun profesor asignado á materia.

Existen diferentes tipos de TFG polos que o alumnado pode optar:

-Traballos tipo A: ofertados por profesores da titulación. O principio de curso os alumnos deberán optar por unha temática de traballo de entre as ofertadas. A Comisión de TFG establecerá as normas e plazos que rexirán a adxudicación aos alumnos das temáticas propostas polos profesores.

-Traballos tipo B: propostos por alumnos e acordados con profesores da titulación que actuarán como titores do traballo.

-Traballos tipo C: propostos por alumnos para ser realizados en empresas e entidades diferentes á UVIGO coas que exista un convenio. A titorización deste tipo de traballo constará dun titor académico da institución e unha persoa da entidade externa que realizará funcións de cotitor.

-Traballos tipo D: traballos para estudantes con necesidades educativas especiais.

-Traballo tipo E: desenvoltos por estudantes no marco dun programa de movilidade.

As características particulares de cada un destes tipos de traballo, así como as normas que os rixen, están recollidas na Normativa de Traballo Fin de Grao da Facultade de Bioloxía.
A tipoloxía do traballo deberá estar ceñida a algúns destes apartados:

-Traballos experimentais que se leven a cabo nos laboratorios do centro o en outros centros de investigación da UVIGO de ámbito biolóxico.

-Desenvolvemento teórico (diseño, planificación, aplicabilidade) dun proxecto de interés económico, social, medioambiental, educativo, etc., relacionado co ámbito da bioloxía ou tecnoloxía de base biolóxica.

-Traballos de revisión e investigación bibliográfica cuxo obxetivo sexa unha posible aplicación práctica (estudio previo, proposta innovadora, etc.)

-Outros traballos que correspondan a oferta de profesores e que non se axusten específicamente as modalidades anteriores, sempre e cando sexan aprobados pola Comisión de TFG.

-Traballo aplicado a bioloxía que se leve a cabo en empresas ou outras institucións públicas e privadas.

2. Entrega en plazo dunha memoria escrita do traballo realizado.

As características da memoria e os plazos de entrega serán establecidos coa suficiente antelación pola Comisión de TFG, seguindo as directrices fixadas pola Normativa de Traballo Fin de Grao da Facultade de Bioloxía.
3. Presentación e defensa do traballo diante dun tribunal de avaliación que o avaliará e cualificará.

As normas de presentación e defensa do traballo serán fixadas pola Comisión de TFG, dacordo coa Normativa de Traballo Fin de Grao da Facultade de Bioloxía.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000