Guia docente 2023_24
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Xestión e control de calidade
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===

De acordo coa situación xerada pola COVID, a Universidade establece un escenario de normalidade adaptada, é dicir, unha situación acorde co grao de presencialidade estimado como normal no momento previo á pandemia. Está previsto un único escenario alternativo, previsto para situacións temporais limitadas por restricións locais derivadas de gromos ou peches na localidade no que se localice o centro docente. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa perceptivo, o desenrolo da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou con ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

DOCENCIA MIXTA:

* Metodoloxías docentes que se manteñen:

Non hai cambios nas metodoloxías docentes mencionadas da guía: actividades introdutorias, lección maxistral, aprendizaxe baseado en proxectos e foros de discusión.

* Metodoloxías docentes que se modifican:

Se o número de alumnos matriculados na materia supera o aforo permitido na aula, as clases desenvolveranse baixo a modalidade mixta. Neste caso un grupo de alumnos (indicado desde a planificación do centro) recibirá as clases de forma presencial e o resto farao dende o campus remoto de forma síncrona. Para a rotación do grupo de estudantes que asista ás clases de forma presencial atenderase ás indicacións do centro.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías):

As sesións de titorización desenvolveranse mediante diversos métodos de comunicación cos estudantes baixo a modalidade de concertación de cita previa:
- Correo electrónico cos profesores implicados.
- Titoría grupal, por grupos de traballo ou individual, se é o caso, a través do campus remoto.

* Modificacións (se procede) dos contidos a impartir:

Os contidos desenvolveranse de forma íntegra de acordo á planificación docente.

* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe:

Facilitarase toda a información necesaria (manuais, direccións web, documentos, etc.)

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

* Probas xa realizadas
Exame de preguntas obxectivas. [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 30%]
Proxecto. [Peso anterior 70%] [Peso Proposto 70%]

* Probas pendentes que se manteñen.
Exame de preguntas obxectivas. [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 30%]
Proxecto. [Peso anterior 70%] [Peso Proposto 70%].

Como xa se indica na guía para a modalidade exclusivamente presencial, do 70% da nota do Proxecto, o 30% correspóndese ao Factor de traballo do proxecto, que depende da asistencia, do traballo realizado na aula no tempo da práctica, da participación e interese mostrado na aula polo estudante e do feito de subir á plataforma FAITIC, nos tempos asignados, unha mellora do traballo feito na práctica. En relación con iso indícase que non hai cambios nesta parte avaliable da realización do proxecto. A asistencia, participación e interese mostrado polo estudante valorarase igualmente a través do campus remoto.

O 40% restante corresponde á Presentación oral e escrita do proxecto final, onde se valora a calidade do proxecto presentado atendendo tanto á presentación oral como do propio traballo escrito. Non hai cambios nesta parte avaliable do traballo. En caso de ser necesario, levarase a cabo a presentación do traballo de forma oral a través do campus remoto.

Igual que para a modalidade presencial, as actividades avaliables das prácticas serán entregadas mediante a plataforma FAITIC.

* Probas que se modifican
Non está prevista a modificación de ningunha proba.

* Novas probas
Ningunha

* Información adicional

Convocatoria de xullo: non hai cambios previstos no tipo de avaliación para esta oportunidade. As probas poderanse levar a cabo pola modalidade presencial ou a través do campus remoto, en función das medidas sanitarias vixentes nese momento. No caso de levarse a cabo mediante campus remoto, as probas serán de forma non presencial, utilizando as ferramentas achegadas pola UVIGO e de acordo ás instrucións do profesorado (Faitic, aulas virtuais).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000