Guia docente 2023_24
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Análise e diagnóstico agroalimentario
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliaranse a actitude e as capacidades e destrezas adquiridas polos alumnos durante as prácticas, así como a capacidade para redactar breves informes e/ou dar respostas axeitadas e ben argumentadas a cuestionarios formulados en relación coas actividades realizadas durante estas sesións. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B4
B7
B10
B11
B12
C3
C4
C5
C8
C19
C21
C22
C25
C29
C31
C32
C33
D1
D2
D3
D4
D5
D8
D10
D11
D15
D16
D17
Estudo de casos Avaliaranse os avances alcanzados ata a sesión de control intermedia no que se refire á resolución dos casos prácticos expostos, e a redacción, presentación e defensa final dos casos resoltos. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B7
B11
B12
C3
C4
C14
C18
C19
C21
C22
C29
C31
C32
C33
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D14
D15
D17
Exame de preguntas obxectivas Este exame, que incluirá preguntas obxectivas (preguntas tipo test e preguntas de resposta curta), será parte dunha Proba final integradora, que supoñerá un 40% da nota final da materia. Na devandita proba
avaliaranse os coñecementos adquiridos polos alumnos ao longo das sesións teóricas e prácticas da materia, e a capacidade para interpretar e argumentar correctamente unha análise de alimentos.
26.8 A1
A2
A4
B2
B3
B10
B11
C3
C4
C14
C18
C19
C22
C29
C31
C32
C33
D1
D3
D7
D10
D16
Exame de preguntas de desenvolvemento Este exame, que tamén formará parte da Proba final integradora que supoñerá o 40% da nota final da materia, avaliará a capacidade do alumnado para resolver diversos casos ou situacións prácticas relacionadas coa análise agroalimentaria de forma argumentada. 13.2 A1
A2
A4
B2
B3
B10
B11
C3
C4
C14
C18
C19
C22
C29
C31
C32
C33
D1
D3
D7
D10
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. Dado que as actividades de formación e avaliación programadas dentro das Prácticas de Laboratorio e do Estudo de casos (incluída a sesión de control intermedio) están deseñadas para formar ao alumnado en habilidades e competencias directamente relacionadas co exercicio da profesión no campo da análise e diagnóstico agroalimentario, a asistencia e participación do alumnado en ambas as actividades avaliables é obrigatoria, de tal maneira que a ausencia ou non realización inxustificada destas actividades impedirá superar a materia. Por tanto, considerando a natureza práctica e os resultados de formación e aprendizaxe que se perseguen alcanzar con ambas as metodoloxías, o alumnado que opte pola modalidade de avaliación global tamén deberá realizar obrigatoriamente estas actividades.

2. Para aprobar a materia será necesario alcanzar unha cualificación global final de 5,0 (sobre 10), unha vez sumadas as cualificacións ponderadas obtidas nas de Prácticas (40%), Estudo de casos (20%) e Proba final integradora (40%). Con todo, para poder superar a materia, e poder sumar as cualificacións obtidas nas actividades de Prácticas e Estudo de casos, deberá alcanzarse unha nota mínima de 4,0 (sobre 10) en cada unha das partes (Química Analítica, Microbiología e Parasitología) que integrarán a Proba final. Os alumnos que non cumpran este requisito na primeira oportunidade serán cualificados na acta coa nota máis alta alcanzada nas partes suspensas, e deberán repetir na segunda oportunidade (xullo) a proba relativa á parte ou partes nas que non alcanzasen o 4,0. Loxicamente, os alumnos que se atopen nesta situación conservarán a nota da/s parte/s superada/s (≥4,0) en primeira oportunidade e das Prácticas e Estudo de casos, para telas en conta na nota final. Na segunda oportunidade, será tamén imprescindible alcanzar o 4,0 en todas as partes obxecto de recuperación.

As datas da proba final integradora pódense consultar na seguinte ligazón:http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000