Presentación |
Para un óptimo seguimento e aproveitamento da materia, o alumnado contará con atención
personalizada en modalidade presencial (na aula, no despacho durante horas de titorías) e en
modalidade virtual (a través das ferramentas que ofrece a plataforma de teledocencia e o correo
electrónico). Esta atención personalizada estará encamiñada a atender as necesidades e consultas do
alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación,
apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. |