Guia docente 2025_26
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Subtitulado para xordos e lectura fácil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha proba teórica correspondente aos contidos teóricos da materia. 30
Práctica de laboratorio Entregaranse dous encargos, correspondentes aos bloques temáticos da materia, SPS e LF.
Cada encargo suporá un 35 % da cualificación final.
70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia é necesario aprobar as tres partes (teoría, práctica SPS e práctica LF). 

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO):

O estudantado que non alcance a nota mínima na primeira edición de actas se presentará na segunda ás partes non superadas na data indicada. As partes aprobadas gardaránse únicamente  até a convocatoria de xullo.

Todas as probas realizaránse na lingua término da combinación da materia.

Con respecto á evaluación de traballos e proxectos, se estes (ou algunha das súas partes) son plaxios, a calificación dos mesmos será 0.

É responsabilidade do estudantado consultar os materiais e novidades a través da plataforma de teledocencia MOOVI e estar ao tanto das datas nas que as probas de evaluación teñen lugar.

REQUISITOS

Para cursar esta materia é imprescindible un nivel C1 de lingua A español e o dominio da técnica e convencións (espaciais, temporais, ortotipográficas e do discurso subtitulador) do subtitulado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000