Guia docente 2026_27
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Subtitulado para xordos e lectura fácil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha proba teórica correspondente aos contidos teóricos da materia. 30
Práctica de laboratorio Entregaranse dous encargos, correspondentes aos bloques temáticos da materia, SPS e LF.
Cada encargo suporá un 35 % da cualificación final.
70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia é necesario aprobar as tres partes (teoría, práctica SPX e práctica LF). 

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO):

O estudantado que non alcance a nota mínima na primeira edición de actas presentarase na segunda ás partes non superadas na data indicada. As partes aprobadas gardaranse unicamente até a convocatoria de xuño.

Todas as probas se realizaran na lingua termo da combinación da materia.

Con respecto á avaliación de traballos e proxectos, se estes (ou algunha das súas partes) son plaxios, a calificación dos mesmos será 0.

Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas, senón tamén a súa corrección lingüística. Nas probas prácticas os erros ortográficos e gramaticais penalizaranse con 2 puntos.

É responsabilidade do estudantado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia MOOVI e estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

REQUISITOS

Para cursar esta materia é imprescindible un nivel C1 de lingua A español e o dominio da técnica e convencións (espaciais, temporais, ortotipográficas e do discurso subtitulador) do subtitulado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000