| Actividades introdutorias |
Actividades encamiñadas a tomar contacto e a recoller información sobre o alumnado no que respecta aos coñecementos previos da materia, intereses e motivacións.
Presentación da materia: obxectivos, metodoloxía docente, actividades de aprendizaxe, sistemas e criterios de avaliación... |
| Lección maxistral |
Exposición por parte do profesor/a dos contidos da materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio que o/a estudante ha de desenvolver
- Relacionar os novos conceptos coas sesións anteriores.
- Resalta as ideas principais.
- Explicar os contidos de forma ordenada e estruturada.
- Incluír exemplos de actualidade, reais etc.
Pode ir desde a exposición teórica dun concepto ou bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que o/a estudante desenvolva, até a resolución dun problema. |
| Estudo de casos |
Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e formarse en procedementos alternativos de solución. |
| Estudo previo |
Procura, lectura e traballo de documentación, previamente ás clases ou prácticas de laboratorio, que realiza o alumnado de forma autónoma.
Exemplos: pode ser unha actividade teórica, a nivel de contidos da materia, ou práctica, como a resolución de problemas e/ou exercicios. |
| Foros de discusión |
Actividade desenvolvida nunha contorna virtual na que se debaten temas diversos e de actualidade, relacionados co ámbito académico e/ou profesional. |
| Aprendizaxe-servizo |
Combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto articulado onde os/as participantes aprenden a traballar nas necesidades reais da contorna coa finalidade de mellorala. |