(*)Esta materia ofrece unha introdución á investigación nos eidos dos estudos poscoloniais e feministas nos países de fala inglesa. Ademais de fornecer os fundamentos teóricos e metodolóxicos básicos nestes ámbitos de investigación, ofreceranse técnicas de análise de produtos culturais, con especial atención á literatura e ao cinema, dende as perspectivas poscoloniais e feministas.