Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Idioma moderno: Idioma (B) Alemán I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Valoración continua da participación activa en todas as actividades desenvolvidas na aula. Puntuación de traballos e exercicios entregados durante o curso nas clases teóricas e prácticas. 20 A2
A3
A4
B4
B9
C10
Resolución de problemas e/ou exercicios 1. Primer exame escrito que versará sobre o contido léxico e gramatical da primeira parte do curso.
Puntuación: 40% do total da materia
40 A2
A3
A4
B4
B9
C10
Resolución de problemas e/ou exercicios 2.Segundo exame escrito que versará sobre os contidos léxicos e gramaticais da segunda parte do curso.
Puntuación: 40% do total da materia.
Ademáis: proba oral de apoio en casos puntuais que o requiran para poder avaliar convenientemente dita competencia (avaliación única y outros casos).
40 A2
A3
A4
B4
B9
C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas metodoloxías e porcentaxes descritas máis arriba. Para obter o 20% (máximo) establecido para os traballos de aula, atenderase a participación regular e activa na aula, coa entrega de traballos e á valoración da calidade dos mesmos. As probas escritas realizaranse nas datas fixadas polo profesorado da materia. A nota final da parte escrita resultará de hallar a nota media entre ambas probas.

O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla a avaliación única deberá realizar e superar un único exame escrito final sobre os contidos da materia, que se realizará na data oficial fixada no calendario aprobado pola Xunta da FFT, e máis outro oral noutra data concertada co profesorado para superala: la nota final resultará da nota media obtida en ambas probas.

Tanto no caso da avaliación continua, como da avaliación única, a nota dos exames -escritos e oral- non deberá ser inferior a 5 en cada una das probas para superar a materia. Para poder presentarse á proba oral na avaliación única é necesario ter alcanzado un mínimo de 5  en cada una das dúas probas escritas.


SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO) 

Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación, que se realizará na data fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT.  

ADVERTENCIA: En calquera das convocatorias de exames, o profesorado pode esixir a realización dunha proba oral complementaria a aquel alumnado, xa sexa de avaliación continua ou única que, segundo o seu criterio razoado, non demostrara suficiente competencia na materia ou por calquera causa precise confirmar mellor o seu nivel na materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000