Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Idioma moderno: Idioma (A) Francés I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Os exercicios realizados fora da aula a través da plataforma Moovi e corrixidos en clase permitirán avaliar a intensidade do traballo investido polo alumnado, a partir dos ítems enviados á plataforma. 5 A2
A4
B10
Presentación Valoración da competencia comunicativa adquirida, nas simulacións e na presentación oral individual ou en grupo do traballo autónomo por parte do alumnado. 5 A4
B1
C10
Resolución de problemas Ao longo do curso, o alumnado realizará na aula dúas probas avaliables sobre os contidos explicados en clase. Unha terá un valor de 20% da nota final; a outra do 10%. 30 A2
A4
B4
Resolución de problemas e/ou exercicios 1.Proba final práctica sobre os contidos gramaticais e léxicos explicados en clase (EG) : 30%.
2. Proba final de comprensión e expresión escrita (ECEE) : 20%.
3. Proba final de lectura, expresión e comprensión oral (ECEO): 10%.
60 A2
A4
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS
Na 1ª edición das actas, o alumnado avaliado mediante o sistema de avaliación continua o será segundo as porcentaxes indicadas arriba. As probas non entregadas contarán como un cero. Para aprobar a materia, será necesario obter polo menos 10/20 en cada unha do tres probas finais, que terán lugar dentro do período de exames, na data aprobada en Xunta de FFT. 

O alumnado que decida non acollerse á avaliación continua deberá indicalo ao profesor ao comezo do curso. Neses casos, terá que examinarse do 100% da materia polo sistema de avaliación única, segundo as seguintes porcentaxes: EG: 40%, ECEE: 30%, ECEO: 30%. Este exame final terá lugar dentro do período de exames, na data aprobada en Xunta de FFT.


SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)
Na segunda edición das actas (xullo), todo o alumnado proveniente da primeira convocatoria (decembro-xaneiro), tanto na modalidade de avaliación continua como na de avaliación única, examinarase exclusivamente da parte da materia que non supere. O alumnado que non se presentou na primeira convocatoria será evaluadoen esta segunda polo procedemento de avaliación única.
O exame nesta convocatoria terá lugar durante o período de exames de xullo, na data aprobada en Xunta de FFT.

Notas xerais
O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un suspenso global na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade. 

Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de comunicación francófonos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000