Alumnado presencial. Dado o carácter práctico desta signatura, a asistencia (80%) é requisito ESENCIAL para a avaliación continua. Serán valoradas, coas porcentaxes sinaladas, as diferentes probas indicadas arriba. A presentación e comentario das pezas dramáticas realizadas terá lugar na segunda parte do cuadrimestre.
Aquelas persoas que, pola circunstancia que sexa, non poidan asistir ás clases deberán comunicarllo á profesora e terán que optar pola avaliación única.
O alumnado que non supere a avaliación continuada ou quen opte pola avaliación única realizará en maio e xuño un exame sobre os contidos a materia nas datas fixada pola Facultade. O alumnado semipresencial que opte pola avaliación continuada debe asistir á primeira sesión e a outras dúas para levar a cabo as tarefas de avaliación. O alumnado semipresencial que opte pola avaliación única deberá asistir igualmente á primeira sesión e ás probas de avaliación nas datas que estableza a Facultade. O alumnado que non supere a avaliación continuada ou quen opte pola avaliación única realizará en maio e xuño un exame sobre os contidos a materia nas datas fixada pola Facultade. Para o alumnado Erasmus, de habelo, as condicións e requisitos de seguimento da materia serán os mesmos que os indicados para o alumnado propio da Universidade de Vigo. NOTA: Nas probas escritas será imprescindible a corrección ortográfica, o uso pertinente dos signos de puntuación, a orde e claridade na exposición e a limpeza dos exercicios. Por outro lado, naquel tipo de probas no que se faga uso de fontes bibliográficas secundarias, estas terán que aparecer adecuadamente referenciadas; plaxiar unha fonte, é dicir, transcribila literalmente facéndoa pasar por discurso propio, invalidará inmediatamente o traballo. |