Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura hispanoamericana I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Contexto histórico e social. Principais enfoques hermenéuticos.
Presentación Análise crítica dunha obra e a súa presentación en clase.
Eventos científicos Conferencia dun especialista na materia.
Lección maxistral Dar a coñecer a sociedade e a cultura hispanoamericana do período estudado nos seus trazos e acontecementos principais. Trazar o desenvolvemento e a evolución da literatura hispanoamericana do período estudado, coñecendo as principais correntes e movementos literarios que nela se desenvolven, e as relacións diacrónicas e sincrónicas entre eles.
Resolución de problemas Comentarios de texto paralelos ao desenvolvemento do temario e realización dunha folla de seguimento das clases. Con folla de seguimento referímonos a un caderno que a profesora entregará ao alumnado o primeiro día de clase. En todas as sesións presenciais o alumnado fará un rexistro dos principais temas tratados e sinalará as súas dúbidas ou propostas de debate. A libreta será recollida en todas as sesións pola profesora e volta a entregar na sesión seguiente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000