Exame de preguntas de desenvolvemento |
A proba escrita ao remate do cuadrimestre é obrigatoria para todo o alumnado, que terá que superala para aprobar a materia. Consistirá en:
1) elaboración dun comentario literario completo dalgunha das obras analizadas nas sesións presenciais (no caso de alumnado que siga a evaluación continua) ou de calquera das lecturas obrigatorias do programa (para quen opte por evaluación única)
2) unha ou varias cuestións de carácter práctico acerca de aspectos que o alumnado terá que contemplar sobre un texto literario (análisis métrico, retórico, etc.).
|
70 |
CB1 CB2 CB5
|
CG1 CG2 CG5 CG7
|
CE3 CE6 CE9
|
CT6 CT8 CT9 CT10 CT11 CT12
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Nas clases prácticas o alumnado ha de realizar probas obrigatorias consistentes na aplicación de coñecementos sobre un texto literario, ben sexa de contido (para verificar a correcta comprensión das obras de lectura obrigatoria), como de diferentes aspectos expostos nas clases teóricas: métrica, retórica, etc. Terase en conta non só a correcta realización, senón tamén a corrección lingüística e a exposición oral. Será obrigatorio para o alumnado que opte pola avaliación continua haber realizado polo menos dous exercicios deste tipo ao longo do cuadrimestre. |
20 |
CB1 CB2 CB5
|
CG1 CG2 CG5 CG7
|
CE3 CE6 CE9
|
CT6 CT8 CT9 CT10 CT11 CT12
|
En primeira edición de actas o alumnado ten dereito a elixir
entre avaliación continua ou avaliación única, e a cualificación
final, así como a tipoloxía das probas, resultará da aplicación
do arriba exposto: así, na avaliación única, o exame, que será
diferente e dará conta de todo o temario oficial, equivalerá
ao 100% da cualificación. Terá lugar en data fixada pola Xunta
de Facultade. Pola contra, para a segunda edición
das actas (mes de xullo, en data oficial fixada pola Xunta de Facultade),
así como para as posteriores convocatorias
extraordinarias, tan só haberá a posibilidade de avaliación única, a través dun
exame que combinará probas prácticas (especialmente
comentarios literarios de textos extraídos das lecturas obrigatorias)
e preguntas de carácter teórico. Lémbrase a
importancia, tanto para o exame escrito (proba de desenvolvemento e proba práctica en torno ao comentario literario de textos) como para a entrega dos
traballos nas horas prácticas, da corrección lingüística. Así mesmo, a copia ou plaxio total
ou parcial en calquera tipo de proba levará a cualificación cun
cero. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá das
responsabilidades derivadas neste aspecto. |