Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Análise das obras centrais da literatura galega desde 1975-I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Os alumnos disporán de atención personalizada a través de titorías no despacho do profesor e de atención telemática por medio do correo electrónico e da plataforma Moovi ou outras.
Lección maxistral Os alumnos disporán de atención personalizada a través de titorías no despacho do profesor e de atención telemática por medio do correo electrónico e da plataforma Moovi ou outras. O método docente, ademais, será o do diálogo e o alumnado poderá formular cantas dúbidas lle suxira o discurso da materia.
Os ALUMNOS SEMIPRESENCIAIS poderán recibir orientacións sobre estes contidos nas titorías individuais (sexan presenciais ou remotas), indicaráselle a bibliografía que pode substituílas ou complementalas, e disporán en Moovi de material específico.
Resolución de problemas Os alumnos disporán de atención personalizada a través de titorías no despacho do profesor e de atención telemática por medio do correo electrónico e da plataforma Moovi ou outras. Ademais, os traballos serán expostos e discutidos na aula e estarán á disposición do alumnado para a súa consulta posterior e para formar parte do material de estudo.
Traballo tutelado O alumnado realizará unha serie de intervencións na aula relativas ao desenvolvemento do programa, quer exposicións de lecturas, quer comentarios de textos particulares. Os textos obxecto destas intervencións serán indicados na aula en función dos intereses do grupo e da propia dinámina da docencia.
Os ALUMNOS SEMIPRESENCIAIS recibirán nas titorías indicacións sobre os traballos que deberán facer no lugar destas actividades.
Eventos científicos Eventualmente, o alumnado será convidado a participar en sesións de conferencias, debates, proxeccións, congresos, xornadas de estudos, que serán avaliados polo profesor en función do seu interese e relación cos contidos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000