Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Pragmática e discurso
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesorado dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que se vaia desenvolver.
Estudo previo Trátase dunha actividade autónoma na que o alumnado debe procurar información e documentarse para así adquirir a competencia de manexo de bibliografía. O profesorado explicará os recursos que poden empregar para facer esta labor de documentación.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumnado debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a ejercitación de rutinas. Adóitase utilizar como complemento da lección maxistral.
Debate Charla aberta entre un grupo de estudantes. O debate gardará relación cunha lectura escollida pola docente sobre a que o alumnado realizará un resumo e un comentario crítico. Cada persoa proporá cinco cuestións para debater a partir da lectura.
Probas Descrición
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. O alumnado debe desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos adquiridos nunha resposta extensa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000