Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Portugués-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Debate Valorarase a participación activa nas sesións presenciais. 20 A1
A3
A5
C2
C4
C22
C27
C32
D9
D14
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios Entrega dunha tradución PT>GL no ámbito de especialización desta materia 40 A1
A3
A5
C2
C4
C22
C27
C32
D9
D14
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios Entrega dunha tradución PT>GL no ámbito de especialización desta materia 40 A1
A3
A5
C2
C4
C22
C27
C32
D9
D14
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA:

As metodoloxías descritas na táboa anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas só se aplican ao sistema de avaliación continua. Para acollerse a esta forma requírese:

- Comunicarlle á docente a través de Moovi a elección deste sistema de avaliación antes do 28 de febreiro.

- Entregar nas datas establecidas os encargos e as actividades propostos ao longo do curso.


AVALIACIÓN ÚNICA:

Haberá dúas datas posibles:

a) Primeira edición de actas (maio): na data fixada pola facultade.

b) Segunda edición de actas (xuño/xullo): na data fixada pola facultade.

A avaliación única constará das seguintes probas:

1. Exame final de 2 horas de duración realizado na aula. Permítese o uso de fontes documentais en papel ou telemáticas. Este exame suporá o 100 % da nota.

SEGUNDA CONVOCATORIA (XUÑO/XULLO):

Para aprobar a materia en segunda convocatoria, o alumnado deberá superar as mesmas probas descritas para a avaliación única (ver máis arriba). O exame terá lugar na data fixada pola facultade para a convocatoria de xuño/xullo.


Asistencia

O alumnado que se acolle ao sistema de avaliación continua ten que poder asistir ás clases de forma regular. O alumnado que desexe cursar a materia en réxime de avaliación continua pero que, por razóns xustificadas, non poida asistir ás clases deberá comunicarlle esta circunstancia á docente para buscar as alternativas correspondentes.

Plaxio

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Corrección lingüística

A avaliación terá en conta no só a pertinencia e calidade do contido das respostas, senón tamén a súa corrección lingüística.

Teledocencia

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi e estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000