Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Portugués-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades de carácter preliminar para tomar contacto coas características da materia.
Lección maxistral Exposición por parte da docente dos contidos da materia obxecto de estudo. Concretamente, estas sesións utilizaranse para introducir as distintas unidades, sistematizar os aspectos abordados e establecer as directrices dos diferentes encargos e exercicios.
Resolución de problemas Actividades e exercicios realizados durante as sesións de clase (p. ex., tradución/revisión de
textos, exposición de textos de lectura obrigatoria, exercicios/actividades relacionados cos contidos da materia etc.). Poden ser de dous tipos: realización fóra da aula e revisión/entrega nas sesións de clase ou realización na aula e revisión/entrega durante as sesións de clase.
Aprendizaxe baseado en proxectos Explicación por parte da docente dos dous encargos que o alumnado terá que realizar durante o curso e resolución de dúbidas sobre eles.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000