Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Alemán-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios desenvoltos (participación en calse activa e de calidade). Cómpre entregar polo menos 4 encargas de tradución antes da súa corrección no pleno. 20 A2
A3
A4
A5
C3
C4
C14
D3
D4
D7
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Consistirá na tradución dun texto que abordará varios temas estudados ó longo do semestre (300-350 palabras). 40 A2
A3
A5
C2
C3
C4
C14
C17
D4
D7
D8
D9
D17
Estudo de casos Corresponde coa realización dunha encomenda de tradución dunhas 3500-4000 palabras (en grupos de 3-4 persoas) dun texto relacionado cun ámbito da materia. O alumnado ten que presentar no pleno un informe sobre o proceso da tradución e facer unha entrega do informe escrito xunta da tradución no espazo moovi da materia.
Traducirase o texto dunha exposición que versa sobre a historia ou aspectos culturais de Alemaña. A exposición presentarase na FFT.
40 A2
A4
C2
C3
C4
C17
C18
D3
D4
D9
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:
Para unha axeitada avaliación cómpre unha asistencia asídua e participativa ás aulas. Se algunha persoa non pode cumprir estas condicións, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e reconsiderarase a posibilidade de avaliación continua.
Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única.
A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os
contidos da materia.

Estudo de caso:

Data da presentación do informe na aula: antes da 21ª sesión.

Data da entrega da tradución "estudo de caso": antes da 23ª sesión.

Data do exame: O exame da avaliación continua será na última sesión da materia.

Ó longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.


Avaliación única:

O alumnado que non se acolla á modalidade de avaliación continua poderá presentarse ao exame oficial da materia que terá lugar na data establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT.

O exame final será unha tradución de 300-350 palabras relativas ó total dos contidos abordados ó longo do cuadrimestre.
A tradución poderase realizar con todo tipo de obras de consulta e ordenador.

Convocatoria de xullo:

A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia. 

Penalizarase a copia e o plaxio.

É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma de teledocencia (novidades, documentos, avisos etc.) e estar ó tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000