Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Alemán-Galego
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Mantéñense metodoloxías, contidos, avaliación e titorías coa salvedade de que unha alerta sanitaria obrigue a activar un ensino exclusivamente virtual. Neste caso, metodoloxías, contidos, avaliación e titorías realizaranse coas ferramentas virtuais proporcionadas pola Universidade de Vigo (aulas e despachos virtuais, correo electrónico e plataforma Moovi).
Na modalidade mixta, unha parte do estudantado permanecerá na aula ao tempo que a outra parte seguirá a clase dun modo síncrono. As metodoloxías, a atención personalizada e a avaliación serán as mesmas tanto na modalidade mixta como
presencial, mentres que os grupos e as quendas se adaptarán para cumprir coa normativa sanitaria
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000