Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Realizaranse dous encargos de tradución directa. Unha a mediados do cuadrimestre e outro unha vez terminadas as clases.
As notas farán media.
É preciso obter un 5 neste apartado para facer a media cos demais.
40 A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C17
C22
C23
C27
D4
D6
D9
D15
D16
D18
Resolución de problemas Traduciranse dous encargos mediante a modalidade de resolución de problemas. Polo menos un dos encargos será de tradución inversa es>fr e un dos encargos poderá consistir en poseditar. Para a súa realización favorecerase a utilización de ferramentas de asistencia á tradución. 40 A2
A3
A4
C4
C5
C17
C22
C23
C27
D4
D6
D7
D9
D15
D16
D18
Estudo de casos Os estudos de casos incluirán traducións realizadas na aula, traducións preparadas con anterioridade e corrixidas na aula e exercicios con diversos textos. Terase en conta a participación nas clases e poderanse recoller traballos para a súa corrección e avaliación. 20 A1
A2
A4
A5
C4
C5
C17
C22
C27
D4
D6
D9
D15
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O alumnado pode acollerse ao sistema de avaliación continua ou ao sistema de avaliación única. Os dous sistemas de avaliación son mutuamente excluíntes e o alumnado deberá indicar por escrito á docente nas dúas primeiras semanas do cuadrimestre por cal deles opta.

Avaliación continua
Segunda edición de actas

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso poderá presentarse á materia na segunda convocatoria, na data establecida polo calendario oficial de exames da Facultade. O alumnado que superase as probas correspondentes á actividade impartida por un/a de os/as docentes da materia conservará esa nota ata a convocatoria da segunda edición de actas, e por conseguinte soamente terá que presentarse á parte suspensa.

Avaliación única

Primeira edición de actas

O alumnado deberá presentarse na aula na data oficial de exame. Nesa ocasión, o alumnado que se presente recibirá os encargos de tradución, que serán de tradución directa e inversa (50 % cada un, é necesario obter polo menos un 4 en cada parta para facer a media), e que terá que realizar nunhas condicións e prazo determinados. O equipo docente comunicaralle ao alumnado as instrucións sobre a realización dos encargos e o seu prazo de entrega.
O alumnado de avaliación única que non se presente o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado. O alumnado de avaliación única que por razóns xustificadas non poida presentarse no día do exame poderá comunicarlle ao equipo docente a súa intención de presentarse, para buscar as alternativas correspondentes.

Segunda edición de actas

O alumnado deberá presentarse na aula na data oficial de exame. Nesa ocasión, o alumnado que se presente recibirá os encargos de tradución da parte que teña pendente, e que terá que realizar nun prazo determinado. O equipo docente comunicaralle ao alumnado as instrucións sobre a realización dos encargos e o seu prazo de entrega.
O alumnado que non se presente o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado. O alumnado que por razóns xustificadas non poida presentarse no día do exame poderá comunicarlle ao equipo docente á súa intención de presentarse para buscar as alternativas correspondentes.
Outros comentarios
Presencialidade

 Enténdese que o alumnado que se acolle ao sistema de avaliación continua ten que poder asistir ás clases de forma regular. O alumnado deberá, en todo caso, entregar os traballos requiridos na forma e prazo indicados polo equipo docente.
O alumnado que desexe cursar a materia en réxime de avaliación continua pero por razóns xustificadas non poida asistir ás clases presenciais deberá comunicarlle estas circunstancias ao equipo docente, para buscar as alternativas correspondentes.

Plaxio

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame supoñerá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Plataformas electrónicas para a docencia
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi e de estar ao tanto das datas de entregas de traballos (estudos de casos) e encargos.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000