Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Francés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Estudo previo Os alumnos deberán preparar os contidos da bibliografía da materia na forma que indicará a profesora na aula.
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización dun proxecto encaixado para resolver un problema presentado polo profesor mediante a planificación, deseño e realización das actividades necesarias.
Resolución de problemas Encomendas ou exercicios de aula que o alumnado deberá resolver, de maneira individual ou en grupo, aplicando as estratexias e os procedementos axeitados.
Aprendizaxe colaborativa Traballo en equipo para solucionar problemas abertos. Permiten adestrar, entre outras, as capacidades de aprendizaxe en cooperación, de liderado, de organización, de comunicación e de fortalecemento das relacións persoais.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto.
Estudo de casos Os casos que se estudarán serán as encomendas relizadas, que se corrixirán en titorías en aula. Haberá tamén titorización do proxecto de aprendizaxe colaborativa, que contará para avaliación de parte da nota do proxecto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000