Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Actividades introdutorias As actividades introdutorias servirán para facer unha avaliación inicial do estudantado que axudará a determinar cal é a situación de partida na materia en canto á súa competencia tradutora, a súa actitude cara á materia e os seus coñecementos previos. 0 A1
A2
A3
A4
C4
C5
C8
C17
C22
C27
D14
D16
D22
D23
Aprendizaxe colaborativa Durante as últimas 4 semanas do curso, correspondentes ao tema 3, o estudantado desenvolverá un proxecto de tradución inversa en grupo. O desenvolvemento do proxecto explicarase de maneira detallada na primeira sesión dedicada ao tema 3. Data de entrega: 15/12/23. Lugar de entrega: tarefa creada en MooVi. No caso do estudantado que participe nas actividades da modalidade de Aprendizaxe-servizo, este proxecto desenvolverase no marco do proxecto de ApS. 30 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C15
C17
C21
C22
C27
D3
D8
D12
D14
D16
D22
Resolución de problemas O estudantado debe subir a MooVi dentro do prazo establecido para cada unha delas todas as tarefas que se lles encomenden, sexan exercicios, traballos, proxectos, traducións ou revisións de traducións (individuais ou grupais). A profesora fará un seguimento dos cartafoles persoais do estudantado e corrixirá e puntuará unha das tarefas propostas (a mesma para todo o estudantado). No caso do estudantado que participe nas actividades da modalidade de Aprendizaxe-servizo, a tarefa puntuada será unha das desenvolvidas no marco do proxecto de ApS. 30 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C15
C17
C21
C22
C27
D5
D6
D14
D15
D16
D22
D23
Práctica de laboratorio Na segunda sesión da semana do 20 ao 24 de novembro de 2023 o estudantado desenvolverá unha proba práctica que consistirá na tradución, do inglés ao español, dun texto breve (sobre 250 palabras). Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. Se houbera algún cambio con respecto a esta data, anunciarase con suficiente antelación a través de MooVi. 25 A2
C4
C5
C17
C22
D15
D22
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao remate do tema 1, o estudantado desenvolverá unha proba teórica de resposta curta en que demostrará que adquiriron os coñecementos mínimos establecidos (detallados no apartado "Outros comentarios e segunda convocatoria"). Para superar a proba, dun total de oito preguntas, debe responder axeitadamente sete. De non superaren esta proba, poderán recuperala ao longo do curso. É obrigatorio aprobar a proba teórica para aprobar a materia. Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. Data de celebración da proba: segunda sesión da semana do 16 ao 20 de outubro de 2023, en horario de clase. Se houbera algún cambio con respecto a esta data, comunicarase con suficiente antelación a través de MooVi. 15 A1
A2
A3
A4
C4
C26
C27
D15
D22
Autoavaliación Ao longo do curso, o estudantado irá desenvolvendo actividades de autoavaliación, que lle permitirá determinar o seu progreso e detectar posibles necesidades de aprendizaxe. 0 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C15
C17
C21
C22
C26
C27
D3
D5
D6
D8
D12
D14
D15
D16
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación seguido nesta materia respecta o establecido nos Estatutos da Universidade de Vigo no relativo aos dereitos e deberes do estudantado. Xa que logo, o estudantado ten dereito a ser avaliado dúas veces por curso académico, segundo o procedemento que se especifica nesta guía docente. 

As metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas aplícanse á primeira oportunidade de avaliación no rexime de avaliación continua. As metodoloxías e porcentaxes correspondentes á avaliación única e á segunda oportunidade de avaliación son as especificadas máis adiante neste mesmo apartado. A metodoloxía de aprendizaxe-servizo só se aplicará ao estudantado de avaliación continua.

PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (DECEMBRO):

O sistema de avaliación aplicado na primeira oportunidade de avaliación correspóndese co sistema de avaliación continua. A aceptación da avaliación continua implicará a aceptación das condicións que se indican a continuación e a renuncia á avaliación única. O sistema de avaliación continua non esixe asistencia ás clases, o que permite que todo o estudantado teña as mesmas condicións na primeira oportunidade de avaliación.

Esixencias do sistema de avaliación continua:

- Deixar constancia por escrito a través de MooVi da vontade de acollerse á modalidade de avaliación continua no primeiro mes do curso.

- Entregar dentro do prazo establecido o 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación final. Dentro dese 80% inclúense obrigatoriamente as seguintes: 

a) Encomenda individual de tradución directa. 

b) Proba teórica de resposta curta sobre os contidos mínimos esixidos*. 

c) Proba práctica de tradución directa. 

d) Encomenda grupal de tradución inversa. 

Para o desenvolvemento das probas teórica e práctica non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. 

Criterios de avaliación empregados no sistema de avaliación continua:

Os criterios de avaliación aplicados a cada traballo ou proba explicaranse nas clases e publicaranse na plataforma docente para que todo o estudantado matriculado na materia poida acceder a eles. 

De maneira xeral, en calquera das probas, traballos ou exercicios, obterán a cualificación de suspenso (0) o estudantado que:

- Cometa máis de dúas faltas de ortografía (aplicable ao castelán). 

- Incurra en plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.

- Incumpra as instrucións proporcionadas para a realización e entrega do exercicio ou proba.

- Cometa un contrasentido (aplicable ás traducións).

EXCEPCIONALMENTE, PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA DA MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN. 

Que ocorre se non quero acollerme ao sistema de avaliación continua?

O estudantado que deixase constancia por escrito a través de MooVi durante o primeiro mes do curso da súa vontade de non acollerse ao sistema de avaliación continua, perderá o dereito á avaliación continua e formativa, mais terá dereito a realizar un exame na data oficial fixada polo Decanato, que constará das seguintes probas (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos*. (10%) Será obrigatorio aprobar esta proba para aprobar a materia. Para aprobar esta parte do exame será obrigatorio responder correctamente 7 preguntas de 8.

2. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 250 palabras) do inglés cara ao español (60%)

3. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 250 palabras) do español cara ao inglés (30%).

Para desenvolver este exame non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. Neste exame obterá a cualificación de suspenso o estudantado que:

- Cometa máis de dúas faltas de ortografía (aplicable ao castelán). 

- Cometa un contrasentido (aplicable ás traducións).

- Incurra en plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (XULLO):

PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, O ESTUDANTADO DEBERÁ APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos*. (10%) Será obrigatorio aprobar esta proba para aprobar a materia. Para aprobar esta parte do exame será obrigatorio responder correctamente 7 preguntas de 8.

2. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 250 palabras) do inglés cara ao español (60%).

3. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 250 palabras) do español cara ao inglés (30%).

Para desenvolver o exame de segunda convocatoria non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. 

En calquera das probas obterán a cualificación de suspenso o estudantado que:

- Cometa máis de dúas faltas de ortografía (aplicable ao castelán). 

- Cometa un contrasentido (aplicable ás traducións).

- Incurra en plaxio total ou parcialmente.

 

PARA SUPERAR A MATERIA SERÁ NECESARIO OBTER, COMO MÍNIMO, A CUALIFICACIÓN DE APROBADO TANTO NA PARTE TEÓRICA COMO NA PARTE PRÁCTICA, SEXA CAL FOR A CONVOCATORIA E O SISTEMA DE AVALIACIÓN ELIXIDO.

 

*CONTIDOS TEÓRICOS MÍNIMOS ESIXIDOS:

1. A comunicación científica: obxectivos, fins e axentes.

2. Diferenzas entretextos científicos e textos técnicos.

3. O texto científico como ferramenta de comunicación.

4. Metas da linguaxe científica.

5. Elementos e características do estilo científico-técnico.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000