Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias As actividades introdutorias teñen dous obxectivos: presentar a materia ao estudantado e reunir información sobre o estudantado para avaliar a situación de partida.
Lección maxistral Exposición por parte da docente dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que desenvolverá o estudantado.
Aprendizaxe colaborativa Realización de actividades que enfrontan o estudantado, traballando en equipo, a problemas abertos. Permiten adestrar, entre outras, as capacidades de aprendizaxe en cooperación, de liderado, de organización, de comunicación e de fortalecemento das relacións persoais.
Resolución de problemas Actividade en que se formulan exercicios ou encomendas relacionados coa materia. O estudantado, de maneira individual ou en grupo, debe resolver adecuadamente a tarefa encomendada aplicando procedementos e estratexias adecuados. Esta metodoloxía inclúe tamén traballo na aula.
Aprendizaxe-servizo Actividades en que o estudantado colabora cunha entidade social para traducir materiais e adaptalos a distintos destinatarios co fin de axudarlle obxectivos de desenvolvemento sostible, relacionados coa saúde e benestar, a redución das desigualdades e a xeración de alianzas. O estudantado que participe nesta metodoloxía dependerá do tamaño do grupo. En caso de ser un grupo pequeno, todo o alumnado participará desta metodoloxía. No caso contrario, todos colaborarán para a consecución dos proxectos. A avaliación do estudantado que siga esta metodoloxía asimilarase ao especificado nas metodoloxías de aprendizaxe colaborativa e resolución de problemas.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal