Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación idioma 2: Alemán-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Observación sistemática para recompilar datos sobre a participación da/o estudante
Participación en elaboración de discursos e entrevistas e na súa corrección
Documentación e elaboración de glosarios
40 A2
A4
A5
C1
C2
C3
C4
C16
C17
C18
C20
C21
C25
C27
C30
D1
D2
D4
D6
D7
D8
D12
D14
Práctica de laboratorio Proba consistente nunha IC de temática xeral en que se verificarán as competencias adquiridas durante o curso: técnica, expresión, contido e produción. 30 A2
A4
A5
C1
C2
C3
C4
C16
C17
C18
C20
C21
C25
C27
C30
D1
D2
D4
D6
D7
D8
D12
D14
Práctica de laboratorio Proba consistente nunha IC de temática especializada en que, ademais de verificar as competencias adquiridas durante o curso (técnica, expresión, contido e produción), se valorará a capacidade de documentación. 30 A2
A4
A5
C1
C2
C3
C4
C16
C17
C18
C20
C21
C25
C27
C30
D1
D2
D4
D6
D7
D8
D12
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

Nas tres primeiras semanas de docencia, cada
estudante deberá comunicar á docente por medio dunha enquisa en Moovi creada
para este efecto se opta polo sistema de avaliación única ou continua. Caso de
non comunicar, entenderase que opta pola avaliación única. A opción pola
avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. Se por causa de
forza maior (traballo, enfermidade...) a/o estudante non puidese seguir o
sistema de avaliación continua a pesar de escoller opción, poderá acollerse á
avaliación única.

A/o estudante que non supere a materia en
avaliación continua na primeira convocatoria, acudirá ás convocatorias seguintes
en avaliación única e deberá superar un exame (véxase máis abaixo
"Avaliación única") con todos os contidos da materia.

Para unha axeitada avaliación e aproveitamento,
recoméndase unha asistencia asidua e participativa ás aulas.

Avaliación única:

O alumnado que non se acolla á modalidade de
avaliación continua poderá presentarse ao exame oficial da materia nas datas
establecidas pola FFT. Este exame consistirá en dúas probas de IC en que se
verificarán as competencias que se deben adquirir durante o curso: técnica, expresión,
contido e produción.

Observacións xerais:

As entregas (glosarios, prácticas, etc.) deben estar
identificadas nominalmente e sempre da mesma forma (apelidos, nome): aquelas
que non o estean non se aceptarán nin se terán en conta.

A revisión dos exames realizarase, salvo
impedimento de forza maior, que haberá de acreditarse documentalmente, única e exclusivamente
na data sinalada. Non se atenderán, salvo en casos excepcionais e xustificados,
requirimentos de revisións por medio de correo electrónico ou análogos.

Considérase que a guía docente da materia ten un
carácter orientativo, pois a heteroxenidade dos cursos e, dentro destes, a variedade
en coñecementos, habilidades e destrezas aconsella flexibilidade co fin de
alcanzar da mellor maneira posible os obxectivos. Así pois, en función das
circunstancias, o programa da materia pode sufrir ou experimentar cambios en
calquera momento que se comunicarán oportunamente.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal