Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva avanzada idioma 1: Inglés-Español
   Contidos
Tema Subtema
I. Introdución
1. Repaso dos obxectivos de aprendizaxe da materia de interpretación consecutiva idioma 1: inglés.
2. Posta en valor da cultura xeral: asunción das lagoas de coñecemento e fomento da curiosidade.
1. Conseguir seguridade e confianza ao falar en público: superar o nerviosismo, eliminar xestos que interfiran na comunicación, utilizar a voz e a postura de maneira adecuada.
2. Axustar o nivel da lingua materna: utilizar un rexistro adecuado, eliminar marcas informais da lingua, mobilizar un léxico rico e variado.
3. Ser conscientes do nivel necesario das linguas A e B: identificar posibles eivas e comezar a superalas.
4. Afondar no traballo de escoita e análise (concentrarse na escoita, ordenar a mensaxe).
5. Dominar as fórmulas e esquemas habituais dos discursos formais e os fundamentos da toma de notas.
6. Detectar os conectores e practicar a súa anotación.
7. Elaborar discursos propios na lingua B con fluidez e propiedade.
8. Reformular sinteticamente e con corrección na lingua A discursos producidos na lingua B.
II. Fundamentos
1. Consolidación das competencias primordiais para realizar unha boa interpretación consecutiva entre as linguas A e B.
1. Consolidar as capacidades de escoita e análise e mellorar a capacidade de memoria a curto prazo: identificar os elementos que a desencadean, desenvolver a memoria visual e a memoria analítica.
2. Aumentar a rapidez de mobilización de recursos lingüísticos nas linguas A e B e consolidar a capacidade de alternancia no sentido da interpretación (da lingua A á B e da B á A) iniciada na introdución á interpretación bilateral de 3º.
3. Desenvolver a capacidade de resolución de problemas. Aceptar a imposibilidade da perfección da interpretación e do control sobre o discurso orixinal.
4. Facer un bo uso da toma de notas: ter criterio para seleccionar a información, introducir e integrar os símbolos útiles para cada estudante, experimentar distintas formas de toma de notas, equilibrar a utilización das notas e o uso da memoria, dominar a notación dos conectores.
III. Perfeccionamento
1. Perfeccionamento das competencias primordiais para realizar unha boa interpretación consecutiva.
2. Desenvolvemento da metacognición.
1. Ser quen de reflexionar con criterio sobre os discursos e interpretacións propias e dos compañeiros.
2. Ser quen de detectar as eivas sobre o desempeño propio e de elaborar e aplicar un plan de traballo axeitado ás necesidades de aprendizaxe.
3. Ter claro o que entendemos por unha boa interpretación e ser quen de avaliar interpretacións propias e alleas.
4. Desenvolver a capacidade de anticipación.
5. Consolidar a memoria a curto prazo.
6. Ser conscientes da importancia da preparación previa para a interpretación de discursos sobre temas específicos.
IV. Consolidación
1. Superación definitiva das dificultades de
aprendizaxe.
2. Consolidación da técnica de interpretación
consecutiva ante situacións de maior nivel de dificultade.
1. Ser capaz de restituír información complexa e especializada en consecutiva: conceptos abstractos, nomes propios, discursos de especialidade.
2. Saber preparar e interpretar discursos de especialidade: preparación terminolóxica, resolución de problemas.
3. Dominar a restitución de números e unidades, saber adaptar a estratexia de toma de notas en función do discurso, saber tomar decisións acaídas sobre a análise e a restitución do discurso.
4. Superar definitivamente os problemas específicos de cada estudante.
5. Consolidación da técnica de interpretación consecutiva con toma de notas con discursos de maior dificultade (densos, complicados e rápidos).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000