Unha vez que o alumnado adquiriu no curso anterior un coñecemento e manexo das técnicas básicas necesarias para a interpretación simultánea, esta materia afonda na práctica desta disciplina tanto en directa como en inversa (inglés>español e español>inglés), por medio de exercicios prácticos que reproducen distintos supostos de traballo posibles no mercado laboral e diversas áreas temáticas. A materia, que é eminentemente práctica, parte de actividades prácticas con preparación previa en común e tradución á vista e vai aumentando progresivamente o grao de dificultade e realismo dos exercicios.