Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución xurídica-administrativa idioma 1: Inglés-Español
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Actividades introdutorias Primeiras lecturas teóricas que contextualicen a materia. Tradución de fragmentos de varios textos e revisión dos mesmos para salientar aspectos que poderán empregarse en textos diversos. Análise das dificultades que presentan os textos xurídicos e administrativos.
Estudo previo Previa á realización das traducións dos textos propostos na aula, levarase a cabo unha análise da tipoloxía textual do texto de maneira conxunta para cada tema. Proporanse lecturas teóricas que introduzan cada texto práctico. Esperase a participación activa dos alumnos na procura de textos que axuden a mellorar as súas destrezas como tradutores.
Traballo tutelado Durante a realización de traballos na aula, avaliaranse de maneira individual o traballo realizado polos estudantes, supervisándose, corrixindo e explicando as súas opcións tradutolóxicas. Na resolución de problemas e actividades de forma autónoma, avaliarase o traballo dos estudantes, a súa maneira de coordinarse e organizar as tarefas e o desenvolvemento da tradución antes da súa entrega final.
Probas Descrición
Práctica de laboratorio As probas prácticas realizaranse nas datas publicadas na plataforma Moovi, e nas datas oficiais do calendario aprobado pola Xunta de Facultade da FFT. Para as encomendas establécense os prazos de entrega indicados no apartado 'Avaliación' desta guía docente.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal