Exame de preguntas obxectivas |
Ao longo do curso realizaranse tres probas. A primeira delas terá lugar na semana seguinte á finalización da unidade "Características das línguas de especialidade e realidades afins", que desenvolve os temas 3 e 6 do temario. A segunda, na semana posterior á finalización da unidade "Pautas para a modernización terminológica. Resolución de casos práticos", que desenvolve o tema 5 do temario; e a última proba terá lugar na última semana de docencia da materia.
No caso de non ser posíbel a realización de algunha proba nesas datas, trasladarase ao primeiro día útil posterior. Cada unha das probas é de realización obrigatoria para poder pasar a materia.
A nota media ponderada das tres probas suporá 80% da cualificación final. |
80 |
CB1 CB2 CB4 CB5
|
|
CE2 CE9 CE24 CE25 CE26
|
CT6 CT13 CT15 CT17
|
Traballo |
Cada estudante realizará un traballo que será desenvolvido en equipo con outros estudantes e deberá ser entregado no primeiro día de aulas da terceira semana previa à finalización do período de docencia da materia. Posteriormente, os traballos serán expostos nas clases e avaliados polo docente. A realización desta proba é obrigatoria para poder pasar a materia. |
20 |
|
|
CE2 CE9 CE25 CE26
|
CT6 CT13 CT17
|
Para poder acollerse ao sistema de avaliación continua é preciso realizar a totalidade das probas e encargos formulados durante o curso. Para aprobar a materia precísase obter como mínimo unha nota media (ponderada) de aprobado no conxunto das probas. As probas consistirán en preguntas de tipo test, preguntas de resposta curta ou preguntas de resposta longa.
Os estudantes que optaren pola avaliación única serán examinados exclusivamente mediante unha única proba, correspondente ao conxunto da materia, que será de tipo test, resposta curta ou resposta longa. Tal proba terá lugar na data marcada no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT.
Os estudantes que seguiren o procedemento de avaliación continua e non tiveren superado o conxunto das probas e traballos establecidos, ou tiveren perdido a posibilidade de seguir ese sistema de avaliación (non realización dos traballos ou probas, apreciación de plaxio ou copia nalgún dos traballos...), perderán esa convocatoria e deberán dar conta de novo do conxunto da materia. En caso de así desexaren, poderán acudir á convocatoria de xullo ou a convocatorias posteriores.
A convocatoria de xullo tamén consistirá nunha única proba, correspondente ao conxunto da materia, e será de tipo test, resposta curta ou resposta longa. Terá lugar na data marcada no calendario de exames da FFT.
|