Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Nota da proba ou exercicios de interpretación inglés-castelán ao longo do curso, en función do especificado por cada docente. 20 C1
C2
C3
C4
C6
C8
C13
C17
C20
D4
D6
D7
D11
D15
D21
D22
Práctica de laboratorio O alumnado que se acolla á avaliación continua realizará dous exames que consistirán en interpretacións consecutivas B-A sobre algún dos temas tratados na clase. A primeira proba contará un 40% e estará centrada nos procesos de escoita, análise e toma de notas. A segunda proba contará outro 40% e estará centrada nos procesos de tradución e produción. Ditos exame realizaranse en clase e será necesario obter como mínimo un 5 en cada un para facer media co resto de notas e poder aprobar a materia. 80 C1
C2
C3
C4
C6
C8
C13
C17
C20
D4
D6
D7
D11
D15
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Dado o carácter práctico da materia, para a avaliación continua é moi recomendable acudir regularmente a clase e realizar todos os traballos de aula e exposicións que se detallan na presente guía. Ademáis é moi importante a puntualidade.   

Na convocatoria extraordinaria de xullo o alumnado realizará un exame final que consistirá na realización dunha interpretación sobre algún dos temas tratados durante o curso. O exame realizarase na data oficial establecida polo decanato da FFT. A cualificación obtida no exame será o 100% da cualificación final da materia e haberá que sacar como mínimo un 5 para aprobar.  Ao alumnado que se acoller á avaliación continua gardaráselle a nota das probas ou exercicios correspondentes ao 20% da cualificación en primeira convocatoria.

Aviso importante:

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma Moovi (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000